O traballo arqueolóxico levado a cabo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no marco do “PROXECTO INTERREG III-A VÍAS ATLÁNTICAS”, orientado á documentación, definición e delimitación da Vía XIX (de Bracara Augusta a Asturica Augusta) do Itinerario Antonino, articulouse en dúas fases:
- FASE DE GABINETE. Executada por técnicos da Deputación, nela se procedeu a realizar as seguintes tarefas:
- FASE DE CAMPO. Tras a compilación de datos, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra procedeu á contratación dunha asistencia técnica para a execución dos seguintes traballos:
- Elaboración dun “Proxecto de Prospección Superficial Intensiva para o recoñecemento e delimitación da Vía Militar Romana Nº XIX do Itinerario Antonino”, redactado en base ó Proxecto Vías Atlánticas, á Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e ó Decreto 199/1997, Regulador da Actividade Arqueolóxica na comunidade de Galicia.
- Unha vez autorizado o proxecto pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deportes, desenvolvéronse os traballos de prospección sobre o terreo por un equipo de tres técnicos, percorréndose máis de 93 quilómetros lineais, nos que se documentou un posible novo miliario anepígrafe na parroquia de Salcedo (Pontevedra) e 4 quilómetros do trazado da Vía XIX inéditos, pois o resto do trazado está alterado polo Camiño de Santiago Portugués ou por infraestruturas viarias actuais (RENFE ou N-550).
- O resultado dos traballos plasmarase no correspondente Informe Valorativo, tal e como establece o Decreto 199/1997, atendendo ó seguinte esquema:
- Delimitación e definición da Vía XIX na provincia de Pontevedra (un 90% do trazado atópase alterado por obras viarias posteriores).
- Identificación dos diversos xacementos arqueolóxicos relacionados coa Vía XIX, (castros, mansios, villae) xa recollidos no Inventario de Bens Arqueolóxicos da Consellería de Cultura e Deportes, e elaboración dun catálogo.
- Actualización dos datos contidos nas 95 fichas consultadas.
- Documentación dos novos restos relacionados coa Vía XIX (miliario anepígrafe de Salcedo (Pontevedra) e do tramo inédito identificado de 4 quilómetros entre os concellos de Pontevedra e Barro)
- Elaboración das novas fichas do Inventario de Bens Arqueolóxicos.
- Planificación de futuras actuacións arqueolóxicas orientadas a confirmar a relación dalgún dos restos inventariados coa Vía XIX, mediante a execución de sondaxes arqueolóxicas valorativas ou de limpezas manuais exhaustivas localizadas baixo control arqueolóxico.
- Desenvolvemento dun plan de limpeza e sinalización do trazado definitivo documentado.
|