A Unidade de Promoción e Desenvolvemento, promovida pola Deputación Provincial e financiada pola Consellería de Traballo, constitúese como un módulo de intervención no territorio provincial. A súa finalidade é actuar sobre as potencialidades de desenvolvemento, fomentando a creación de emprego.
Comezou o seu traballo o 30 de decembro de 2004 e está prevista a súa continuidade ata decembro de 2006.
O principal obxectivo é o deseño, a planificación e a execución dun conxunto de medidas que van estimular a actividade económica da provincia dende a perspectiva da xeración de emprego, dentro dunha estratexia de apoio ós procesos de desenvolvemento local dos concellos da provincia, dende a Deputación Provincial.
Ademais conta cos seguintes obxectivos estratéxicos:
- Investigar oportunidades de investimento e desenvolvemento local
- Facilitar que a información sobre o emprego e esas oportunidades de desenvolvemento se divulgue ós/ás técnicos/as e ós/ás axentes locais de emprego, con interese no desenvolvemento local e na creación de emprego
- Colaborar en plans de acción e políticas activas de emprego, especialmente aqueles relacionados cos novos xacementos de emprego
- Proporcionar ós/ás técnicos/as locais de emprego da provincia recursos e metodoloxías para unha mellor consecución do seu traballo
- Colaborar activamente con axentes e entidades da provincia no deseño de iniciativas de desenvolvemento local e emprego
- Apoiar a entidades promotoras de proxectos de escolas obradoiro, casas de oficio e obradoiros de emprego no deseño e realización dos proxectos
- Fomentar o uso das novas tecnoloxías da información entre todos aqueles axentes implicados no desenvolvemento local e que toman parte nas políticas activas de emprego
- Integrar a igualdade de oportunidades en todos os obxectivos mencionados anteriormente
Todos estes obxectivos trata de cumprilos mediante a aplicación de dúas medidas integradoras:
MEDIDA I: Promoción Económica do territorio
MEDIDA II: Promoción de Emprego a través da formación, a orientación e finalmente a inserción laboral, a través da realización e promoción de proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego, e outras accións que se consideren adecuadas e se desenvolven neste proxecto
Ditas medidas constitúen ademais os departamento nos que se divide o equipo de traballo.
Para máis información visite a web www.upd.depontevedra.es
|