Convenio para o desenvolvemento do proxecto Estamos contigo Cáritas interparroquial Arousa
OBXECTO: O obxecto do presente Convenio e a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas maiores ou con problemas de discapacidade que se encontran en situación de dependencia, colaborando económicamente no desenvolvemento do proxecto piloto de intervención denominado “Estamos Contigo”, que Cáritas Interparroquial de Arousa propón a Deputación de Pontevedra para evitar o aillamento e situacións de discriminación destes colectivos.
DESCRICIÓN: As actuacións a desenvolver a o abeiro deste convenio son os repartos diarios de menús ás persoas maiores ou discapacitadas, o fin de garantir unha boa alimentación as persoas con escasos recursos e que o seu estado físico lles imposibilite realizar por si mesmas as actividades básicas da vida diaria.
Para o desenrolo deste proxecto Cáritas de Arousa conta cun equipo de voluntarios para ofertar un servizo de compaña e de lavandería a estas persoas.
Todas estas actuacións teñen como finalidade garantir unha boa calidade de vida e permanencia destas persoas nos seus fogares, evitando así posibles internamentos.
DESTINATARIOS: dirixido ás persoas maiores e discapacitados dos Concellos que integran Cáritas Interparroquial de Arousa: Cambados, Catoira, Illa de Arousa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.
VIXENCIA DE ORZAMENTO: O convenio asinado entre a Excma. Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2008 rematando o 31 de decembro do mesmo ano.
A Deputación Provincial subvencionará o Proxecto “Estamos Contigo” de Cáritas Interparroquial de Arousa cunha axuda anual de 18.500 €.
|