[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 30 DE NOVEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

unha praza de Topógrafo

Bases xerais | Bases específicas | Instancia de solicitude
Aspirantes admitidos | Puntuación concurso | Puntuación primer exercicio | Puntuación segundo exercicio

Convocatoria e bases para a provisión, con carácter interino, dunha praza de Topógrafo, vacante no cadro de persoal da Excma. Deputación Provincial.

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte RESOLUCIÓN

De conformidade co establecido no art. 34.g) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, resolvo aprobar a presente convocatoria para a provisión, con carácter interino, dunha praza de Topógrafo vacante no cadro de persoal desta Excma. Deputación Provincial, que se rexerá polas seguintes bases xerais e específicas

BASES XERAIS

1.— OBXECTO
Esta convocatoria ten por obxecto cubrir interinamente, por razóns de urxencia e necesidade, unha praza de topógrafo, vacante no cadro de persoal desta Excma. Deputación Provincial, con carácter provisional e transitorio en tanto non se destine a ela funcionario de carreira, amortícese a praza ou se provexa polas canles establecidas regulamentariamente

A dita convocatoria efectúase ó amparo do disposto no art. 27.1.2 do Real decreto 364/95, do 10 de marzo, e na disposición adicional primeira do Real decreto 896/91, do 7 de xuño (BOE nº 142 de 14 de xuño de 1991), Orde APU/1461/2002 de 6 de xuño, sobre selección e nomeamento de persoal funcionario interino, así como o art. 246 da Lei 5/97 de Admón. local de Galicia, segundo os principios de mérito e capacidade e no uso das facultades que á Presidencia lle confire o art. 34.g) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril.

2.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. Con carácter xeral, para seren admitidos na realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, sen prexuízo do que establezan as bases específicas da praza convocada: a) Ser español. b) Ter cumpridos os dezaoito anos de idade. c) Estar en posesión ou en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para ingresar na praza o día en que remate o prazo de presentación de instancias. d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico incompatible co desempeño das correspondentes funcións. e) Non estar separado do servizo de ningunha administración pública en virtude do expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado, por sentenza firme, para o exercicio de funcións públicas. f) Ter ingresado na Tesourería da Deputación a cantidade fixada como dereitos de exame. g) Cumprir os demais requisitos esixidos para o ingreso nas bases específicas.
  2. Tódolos requisitos sinalados no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservaranos, polo menos, ata o momento do nomeamento e a posterior toma de posesión con carácter interino.

3.— SOLICITUDES

  1. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma Deputación Provincial. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación da praza á que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade e, no seu caso, da documentación acreditativa dos méritos alegados debidamente compulsados.

    Para seren admitido nas probas selectivas correspondentes os aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que expire o prazo de presentación. No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo II desta convocatoria.

  2. O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  3. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
  4. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de parte.

4.— DEREITOS DE EXAME
Será requisito necesario para participar nestas probas selectivas aboar dentro do prazo de presentación de instancias os seguintes dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida a este Organismo Provincial; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial, o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo:

  • Praza de Topógrafo: 25 €.

En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude.

Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de admitidos.

5.— ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  1. Finalizado o prazo dez días naturais fixado para presentar as solicitudes, o presidente da Deputación ditará resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no taboleiro de anuncios do Pazo Provincial.
  2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no taboleiro de anuncios.
  3. Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  4. O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados posuír os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.

6.— TRIBUNAL CUALIFICADOR

  1. Os membros do tribunal cualificador destas probas selectivas serán designados nas bases específicas segundo o disposto no art. 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, e art. 4 do Decreto 121/95, do 20 de abril, da Xunta de Galicia.

    O tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconselle, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

  2. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Sr. presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
  3. O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente para cada un dos procesos selectivos convocados, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva de cada tribunal adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.
  4. A partir da sesión de constitución, o tribunal, para poder actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ó disposto na Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria.
  5. En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o deputado designado en primeira orde.
  6. Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.

7.— SISTEMA DE SELECCIÓN
O sistema de selección determínase nas bases específicas, fixándose con carácter xeral o concurso-oposición.

8.— CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS SELECTIVAS
O procedemento de selección, en fase de oposición, consistirá en probas de coñecementos específicos teóricos e prácticos segundo a natureza e funcións do posto de traballo a desempeñar, coa finalidade de asegurar a obxectividade e a racionalidade do proceso selectivo; na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes. Os exercicios que han de realizar os aspirantes neste proceso selectivo determínanse e descríbense nas bases específicas, e os méritos que se terán en conta na base novena das bases xerais.

9.— CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  1. Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre 0 (cero) e 10 (dez) puntos, necesitándose para aprobar cada un dos exercicios obter unha puntuación mínima de 5 (cinco) puntos.

    No exercicio tipo test o tribunal determinará o número mínimo de respostas acertadas que se requiren para superar a proba, en función da complexidade técnica destas e das peculiaridades propias da praza convocada.

  2. A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por tódolos membros do tribunal.
  3. Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.

10.— CUALIFICACIÓN DOS MÉRITOS NA FASE DE CONCURSO

  1. Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes, que deben xustificarse fidedignamente con documentos orixinais ou unha copia autenticada acreditativa daqueles.

    A suma das puntuacións obtidas no concurso non poderá superar o 45% da suma de puntuacións correspondentes á fase da oposición, e o título esixido para acceder á praza non se computará na fase de concurso.

  2. Nesta fase valoraranse os méritos específicos adecuados ás características da praza convocada, segundo o seguinte:

BAREMO

  1. Experiencia profesional
    • Pola prestación de servizos dentro da Administración Pública relacionados co contido da praza obxecto desta convocatoria 0,20 puntos, por ano de servizo ata un máximo de 3 puntos.
    • Pola prestación de servizos dentro da Administración Pública en postos de traballo de inferior nivel con cometidos afíns ó contido da praza obxecto desta convocatoria 0,10 puntos por ano de servicio ata un máximo de 2 puntos.

     
  2. Méritos académicos
    • Por estar en posesión de títulos académicos distintos ó esixido nesta convocatoria relacionados co posto de traballo a desempeñar, ata un máximo de 1 punto:
      1. Título de licenciado universitario: 0,60 puntos.
      2. Título de diplomado universitario ou equivalente: 0,40 puntos.
      3. Título FP-2 ou equivalente: 0,20 puntos.

     
  3. Cursos
    • Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento ou doutoramento impartidos en centros e colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados coa praza á que se opta, ata un máximo de 3 puntos, computándose por curso:
      1. De 100 ou máis horas de duración 0,40 puntos.
      2. De entre 60 e 99 horas de duración 0,30 puntos.
      3. De entre 30 e 59 horas de duración 0,20 puntos.
      4. De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos.
      1. De 10 ou máis créditos 0,40 puntos.
      2. De entre 6 e 9 créditos 0,30 puntos.
      3. De entre 3 e 6 créditos 0,20 puntos.
      4. De 1 ou 2 créditos 0,10 puntos.

      No suposto de non acreditarse a duración dos cursos, estes valoraranse a razón de 0,05 puntos por curso.

11.— CUALIFICACIÓN FINAL E RELACIÓN DE APROBADOS

  1. Á cualificación obtida polos aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, sumaráselle a puntuación obtida na fase de concurso, acadándose así a puntuación final.
  2. Determinada a cualificación final dos aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no taboleiro de anuncios da corporación.
  3. O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes ás prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.

12.— NOMEAMENTO
Finalizado o proceso selectivo, o tribunal proporalle ó presidente da Corporación provincial o nomeamento interino dos aspirantes que acaden maior puntuación.

13.— CARÁCTER VENCELLANTE DAS BASES
As bases xerais e específicas desta convocatoria vencellan á Administración provincial, o tribunal cualificador e ós aspirantes que participen no proceso selectivo convocado.

14.— INCIDENCIAS
O tribunal seleccionador queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación, e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

15.— RÉXIME XURÍDICO
Este proceso selectivo regularase polo disposto nas bases xerais e específicas da convocatoria e no non previsto nestas pola Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo, polo Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, e polo Real decreto 364/95, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado, o Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre procedemento de selección na Administración local e Orde APU/1461/2002 de 6 de xuño, sobre selección e nomeamento de persoal funcionario interino.

16.— DISPOSICIÓN FINAL
As bases xerais e específicas desta convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións do tribunal poderán ser impugnadas nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do 26 de novembro de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99.

A Administración provincial tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións dos tribunais segundo o previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 1 de xuño de 2005
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO ACCIDENTAL
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 08/06/2005, número 109, páxina 24, anuncio 2005005312.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/08/2005 12:49
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/