[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Arquitectura
Páxina Principal
Servizos
Arquitectura
Edificios Provinciais

Páxina 1 2 3 [4]
ARQUITECTURA 

Palacete de Salcedo

O pazo da Carballeira de Gandarón, propiedade da Deputación, adquiriuse en 1928 para instalar alí a Misión Biolóxica, á que institución provincial lle cedeu as instalacións deica mediados deste século.

Está situado na parroquia de Salcedo, seguindo a estrada N-550 Pontevedra-Vigo á man dereita, a uns sete quilómetros da capital das Rías Baixas.

Construído no século XVIII, o seu promotor foi o arcebispo Sebastián Malvar Pinto Castro y Justo. Caracterízase por ter un estilo barroco e chaman a atención os dous balcóns con varandas de ferro moi ornamentadas. Os elementos decorativos son reflexo da época: molduras, placas recortadas, etc. Na parte traseira atópase a capela con tres arcos, que forman un soportal polo que se accede ó interior. O edificio conta con tres plantas unidas por unha escaleira de pedra ata o primeiro tramo e de madeira no resto. Sobresaen no interior do pazo dúas chemineas de tipo francés de mármore branco, unha delas tallada e a outra lisa, situadas no salón e comedor respectivamente.

Ademais do pazo é de gran interese o hórreo, todo de pedra, unha das mellores mostras da cantería pontevedresa; o pombal, aínda que de menor valor có hórreo, destaca por estar na parte superior dunha construcción de planta cadrada.

No escudo do edificio da capela pódense contemplar as armas de Malvar, Pinto, Castro y Justo, apelidos do seu impulsor.

Páxina 1 2 3 [4]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/08/2005 12:23
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/