[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Catálogo
Páxina Principal
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Libros dixitais

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8
CATÁLOGO 

Obxectivos

O Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra vén desenvolver nos últimos anos unha política de diversificación nas súas publicacións, que se fai patente nas numerosas coleccións que integran o seu fondo editorial.

O decidido apoio ó mundo da investigación e o notable incremento, tanto en cantidade como en calidade, de estudos neste campo motivou a creación da colección “Publicacións periódicas”, unha nova fonte de información periódica e actualizada. Na citada serie insírense tres revistas, publicacións seriadas compostas por artigos e traballos de investigación do campo das Ciencias sociais, Humanidades e Sociolingüística: Pontevedra. Revista de estudios provinciais, Pontenova. Revista de novos investigadores e Pontenorga. Revista de estudios sociolingüísticos.

Entre os obxectivos das revistas, cabe destacar:

· Promover as publicacións periódicas, fontes de información rápida, debido á brevidade das exposicións, e actualizada.

· Estimular e difundir a investigación, tanto entre destacados investigadores (Pontevedra) como entre a xente máis nova (Pontenova).

· Difundir a realidade histórica, social e cultural galega. Galicia convértese no eixe fundamental de estudo, e máis concretamente, a provincia de Pontevedra.

· Impulsar o idioma galego.

· Fomentar unha política de información e de diversificación, con revistas caracterizadas pola variedade de áreas de estudo así como de autores.

· Permanente adecuación ó cambio, fortalecendo a biblioteca tradicional e incorporando paulatinamente a biblioteca virtual. A través desta páxina web os cidadáns poderán consultar os fondos editoriais e poderán, así mesmo, acceder ás últimas revistas en liña, utilizando deste xeito as novas tecnoloxías ó servizo da universalización do acceso á información.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/07/2005 13:11
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/