Normas de Publicación
· Considerarase a publicación de calquera tipo de traballo sempre e cando acade un nivel de calidade suficiente e se cinga ós temas e ámbitos propios da correspondente revista.
· Os traballos remitiranse ó seguinte enderezo: Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra. Cidade Infantil Príncipe Felipe (4ª planta). Avda. de Montecelo, nº 12, 36161, Pontevedra. Tamén se poderán enviar ó seguinte enderezo electrónico: editorial.revistas@depo.es. Indicarase en todo caso a revista para a cal se presentan e a data de envío do traballo.
· Os artigos enviados presentaranse en galego ou castelán, por escrito e en soporte informático. Terán unha extensión máxima de 50 páxinas (revista Pontevedra) e 30 páxinas (revista Pontenova) e irán precedidos dunha primeira páxina onde consten os datos completos do autor: nome, apelidos, enderezo e teléfono. Así mesmo, cada un dos traballos deberá incluír un pequeno resumo que non supere as 30 liñas.
· Ós traballos poderase achegar documentación gráfica (debuxos, fotografías, planos, gráficos, mapas, cadros, esquemas, etc.), sempre que sexa de calidade suficiente para a súa reprodución, en branco e negro ou en cor. O autor deberá sinalar a situación na que desexa que aparezan as figuras e cadros dentro do texto. Toda documentación tomada doutra publicación haberá indicar a fonte de procedencia.
· O autor enviará a versión definitiva xa que non se admitirán novas versións que modifiquen o orixinal.
· Os orixinais recibidos serán analizados por un comité científico que valorará a inclusión do artigo na revista.
· Antes da publicación definitiva remitiránselle as probas ó autor para a súa corrección. Este deberá corrixir as ditas probas nun prazo non superior a unha semana co fin de non retrasar o proceso da edición. Deberá sinalar as correccións e os cambios que considere oportunos pero non poderá realizar variacións significativas que supoñan un traballo adicional de composición e impresión. A editorial resérvase a corrección estritamente lingüística.
· Os autores recibirán as separatas e dous exemplares do volume no que se publique o estudo. Así mesmo, informaráselles con antelación suficiente da data de presentación da revista.
|