[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Nigrán » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Nigrán
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
NIGRÁN 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariouse un total de 9.653 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas dende 1807 ata 2015.

Consérvase un elevado conxunto documental do século dezanove, especialmente os libros de actas do Pleno, conservados dende 1837, os da Comisión Permanente, completos dende 1924 e os da Xunta municipal de Asociados dende 1878.

Destacan especialmente os libros de afanegado, dende 1807, os censos de poboación dende 1817 e os libros de rexistro de nacementos, matrimonios e defuncións dende 1841.

As quintas e milicias alcanzan deica o ano 1837, con continuidade no século XIX; as eleccións consérvanse dende 1886, a documentación referida ás obras de particulares dende 1876 e a das contribucións rústica e urbana dende 1836 e 1844 respectivamente. A documentación presupostaria consérvase dende 1842 e con notable continuidade dende finais do século dezanove.

A totalidade deste conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 81.960 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 11:14
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/