Deputación de Pontevedra Proxecto Cidade+ (Interreg III-A)
Selección alumnos/as curso camareiro/a cafetería-bar (Vigo-Baiona)
Bases
Bases reguladoras da acción formativa camareiro/a de cafetería-bar do Proxecto Cidade+ (Interreg III-a) (Vigo-Baiona)
1. OBXECTO DA CONVOCATORIA As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 15 prazas no Curso de Camareiro/a de Cafetería-bar, que forma parte das accións formativas do Proxecto Cidade +.
Este curso ten unha duración de 210 horas (135 horas teórico-prácticas e 75 horas de prácticas en empresas). A formación teórica realizarase en Vigo e a práctica en Baiona. A acción formativa levarase a cabo entre os meses de Maio-Xuño de 2005, con data posible de comezo o 12 de Maio.
2. CONTIDO DO CURSO
- Introducción á hostalería e ó turismo
- Técnicas de cociña
- Técnicas de conservación de productos
- Coñecemento de productos (peixes, carnes, ovos, hortalizas,...)
- Coñecemento de productos (pastas, masas, legumes e mariscos)
- Seguridade e hixiene no traballo
- Francés para hostalería
- Practicas en empresas
3. BECAS POR DESPRAZAMENTO Os beneficiarios da acción formativa terán dereito a unha beca por desprazamento, entendendo este concepto como a distancia que exista entre o domicilio dos usuarios ó lugar de impartición do curso.
Abonarase mensualmente unha contía máxima de 360 € ou 240 € (sexa a distancia superior ou inferior a 12 km.), e descontarase a razón de 18 € o 12 € por día que o alumno non asista ó curso.
4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES
- REQUISITOS MÍNIMOS
- Ter cumpridos 18 anos de idade
- Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non trancurriron máis de cinco anos do seu retorno.
- Inmigrantes que se atopen en situación regular.
- Nivel académico: formación básica en lecto-escritura. (certificado de escolaridade ou equivalente no país de orixe)
- Nivel profesional: non se precisan coñecementos específicos.
- Condicións: aquelas que non impidan o desenvolvemento da profesión.
- REQUISITOS DE VALORACIÓN COMPLEMENTARIA
- Antigüidade no INEM.
- Experiencia profesional acreditada no sector.
- Formación relacionada.
- Para inmigrantes: posuír autorización de residencia e traballo.
5. SOLICITUDES As solicitudes para o curso presentaranse ou ben no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), ou nas instalacións do proxecto Cidade + na Cidade Infantil Príncipe Felipe (en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres). Prazo máximo de recollida de solicitudes sete días habiles dende a publicación das bases.
6. DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA
- Currículo segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación, en Cidade + ou ben na páxina web.
- DNI ou NIE.
- Para emigrante retornado: documento acreditativo da condición de retornado.
- Para familiar de retornado: documento que acredite o parentesco co retornado.
- Para inmigrante: Autorización de residencia ou autorización de residencia e traballo.
- Tarxeta do INEM
- Vida laboral.
- Certificado de ingresos: prestacións INEM, Xunta ou nómina.
- Certificado de antigüidade no INEM.
7. COMISIÓN DE SELECCIÓN A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) estará integrada polos seguintes membros:
- Presidente Deputada provincial de acción social ou en quen delegue.
- O secretario da corporación ou en quen delegue.
- Vocais:
- A xerente de Cidade+ ou en quen delegue.
- Unha das técnicas responsables do Departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+.
8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN O proceso selectivo constará de dúas fases: valoración de currículo e entrevista persoal, establecéndose como puntuación máxima 5 puntos en cada fase.
- VALORACIÓN DO CURRÍCULO
O currículo será valorado atendendo os seguintes criterios de baremación.
REQUISITO | BAREMO |
| criterio | puntos |
Experiencia profesional no sector | Mais de 12 meses | 2 |
| De 6 a 12 meses | 1 |
| Menos de 6 meses | 0.5 |
Tempo en desemprego | Máis de 12 meses | 1 |
| De 6 a 12 | 0.5 |
Recursos económicos | Si non ten ingresos | 0.5 |
Formación relacionada | por curso | 0.25 |
| Máximo | 1.5 |
- ENTREVISTA PERSOAL
A puntuación máxima da entrevista será de 5 puntos, que se sumarán, á puntuación obtida na fase de baremación de currículo.
As entrevistas realizaranse tres días hábiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes, e levaranse a cabo en Vigo, lugar por determinar.
9. PROPOSTA DE SELECCIÓN O mesmo día ou o día seguinte da realización das entrevista publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva, para que en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.
10. RÉXIME XURÍDICO A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.
Pontevedra, 27 de Abril de 2005
O PRESIDENTE
|
O SECRETARIO
|
|