[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Contadurías de Hipotecas



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Libro de traslación de dominio de fincas urbanas
e rústicas do Distrito municipal de Cambados
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Contadurías de Hipotecas da provincia de Pontevedra
1.3. Datas 1768-1870
1.4. Nivel de descrición Grupo de fondos
1.5. Volume e soporte 623 libros


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Contaduría de Hipotecas
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Pola Real pragmática do 31 de xaneiro de 1768 establécese a creación dos rexistros uo oficios de hipotecas naquelas localidades que fosen cabeza de partido, a cargo dos escribáns do Concello. Os rexistros levaríanse en libros foliados e rubricados polo xuíz do partido e neles tomaríase razón dos títulos de traslado de dominio dos bens inmobles, os contratos de arrendamentos, censos, hipotecas etc.

O Real decreto do 15 de xuño de 1845 modifica a organización e o réxime de cobranza, xurdindo así os libros de traslación de dominio.

A Lei hipotecaría do 8 de febreiro 1861 substitúe as contadurías de hipotecas polos rexistros da propiedade. Co Real decreto do 21 de xaneiro de 1862 establécese un período intermedio entre a toma de posesión dos rexistradores e o cese dos contadores, período no que os rexistros continuarán levando os libros da contaduría de hipotecas.

2.3. Historia arquivística Pola Orde do 14 de decembro de 1957 do Ministerio de Xustiza autorízase ós rexistradores da Propiedade a entregaren os libros das contadurías de hipotecas ós arquivos históricos provinciais, ingresando os de toda a provincia, agás os de Caldas de Reis, ó longo de 1959.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido
Os oficios ou contadurías levaron unha serie de libros rexistro para inscribir os actos suxeitos a toma de razón ó dereito de hipotecas:
- Libro de toma de razón de censos, hipotecas e gravames (1768-1845) onde se asentaba a escritura presentada, a súa data, o escribán que a autorizou, o nome do lugar onde se atopaba predio, clase de contrato ou obrigación, lindeiros, etc.
- Libro de traslación de dominio (1845-1862) onde se anotaban as traslacións de dominio, herdanzas, legados, imposicións e redencións de censos, de pensións alimenticias, obrigacións hipotecarias, fianzas con hipotecas e outras responsabilidades. Anotábanse en rexistros separados para cada lugar do partido.
- Libros índices (1768-1862) que se utilizaban como auxiliares para a localización dun asento determinado. Podían ser de varios tipos: cronolóxico; alfabético de predios; alfabético de propietarios.
- Rexistro de obrigacións hipotecarias (1845-1862) no que se anotaban as obrigacións hipotecarias, fianzas con hipotecas, obrigacións por préstamo,... Se se cancelaba facíase constar nunha nota a marxe ou tras o asento.
- Libro de arrendamentos de terreos urbanos e rústicas.
- Diario de ingresos onde se anotaban os ingresos polos dereitos de inscrición ou pola recadación do dereito de hipotecas.
- Rexistro de hipotecas. Realízanse a partir de 1862 e pertencen ó Rexistro da Propiedade (Lei do 8 de febreiro de 1861, artigo 226).
3.2. Valoración, selección e eliminación Todos os libros teñen valor histórico e as lagoas existentes proceden dos mesmos rexistros, na maioría dos casos debido ó seu mal estado de conservación.
3.3. Novos ingresos É un fondo pechado, por tratarse dun organismo suprimido.
3.4. Organización Está organizado por partidos, ordenados alfabeticamente. Cada un deles constitúe un fondo: Cambados, A Cañiza, Lalín, Ponteareas, Pontecaldelas, Pontevedra, Redondela, Tabeirós (A Estada), Tui e Vigo.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre, agás que os documentos se atopen en mal estado de conservación.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxeto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas

Os libros de rexistro de hipotecas (1863-1871) pertencen ó Rexistro da Propiedade. O artigo 226 da Lei do 8 de febreiro de 1861 establece “o rexistro dividirase en dúas seccións: unha que se titulará da Propiedade e outra das Hipotecas. Cada sección levarase en libros diferentes...”.

Este desaparece coa Lei do 31 de decembro de 1869 ó non ser recoñecida máis que unha clase de libro para o rexistro. Empezou a rexer o 1 de xaneiro de 1871



7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª Ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004- febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 11:58
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/