2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Transferidas as competencias en materia de traballo á Comunidade Autónoma de Galicia, régrase a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración polo Decreto 32/1982, do 17 de febreiro, da Xunta de Galicia, desenvolvéndose polo Decreto 122/1982, do 5 de outubro.
Polo Real decreto 2411/1982, do 24 de xullo, transfírense funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de servizos e asistencia sociais, competencias que en virtude do Decreto 118/1982, do 5 de outubro, son asumidas pola Xunta de Galicia e se asignan á Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración, correspondendo, dentro dese Departamento, á Dirección Xeral de Seguridade Social, que, polo Decreto 15/1983, do 3 de febreiro, pasa a denominarse Dirección Xeral de Seguridade Social e Servicios Sociais. En 1986 estas competencias en materia de servizos e asistencia sociais pasan á Consellería de Cultura e Benestar Social polo Decreto 204/1986, do 25 de xuño, no que se establece a súa estrutura orgánica, volvendo en 1987 á nova Consellería de Traballo e Benestar Social, cuxa estrutura orgánica e competencias se establecen no Decreto 367/1987, do 22 de outubro. |