2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Pola Real Orde do 6 de xuño de 1839 concédese a construción dun Lazareto sucio nas Illas de San Simón. As obras encargáronselle ó enxeñeiro Alejo Andrade Eáñez e leváronse a cabo grazas ó industrial afincado en Vigo Norberto Velázquez Moreno. Na illa de San Simón construíronse o porto, o hospital de convalecencia, a casa de administración e apartamentos para o alcaide, médico, cirurxián, capelán, e a capela na illa de San Antón realizouse o peirao, o tingado, o hospital sucio e o cemiterio. Ambas illas quedaban comunicadas por unha ponte. As obras remataron en maio de 1842, aprobándose a súa apertura, por Real orde, o 1 de xuño e comezando a funcionar o 15 de agosto.
No ano 1854, unha vez que queda satisfeito dos seus investimentos e gastos o contratista Norberto Velázquez, pasou a mans do Estado, permanecendo en funcionamento ata o 23 de maio de 1927. A partir deste ano Sanidade marítima pasaría a depender da “Xunta de Sanidade Exterior” do Porto de Vigo. |