[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondos Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo de Pontevedra e Delegación Local de Vigo



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Oficio-circular nº 205 da Dirección Xeral de Cinematografía e Teatro,
comunicando á Delegación provincial de Pontevedra resolución sobre os
expedientes de obras de teatro. 1953, enero, 29
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo de Pontevedra e Local de Vigo
1.3. Datas [F] 1939-1979
1.4. Nivel de descrición Grupo de fondos
1.5. Volume e soporte 289 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor - Delegación Provincial da Vicesecretaría de Educación Popular de Pontevedra
- Delegación Local da Vicesecretaría de Educación Popular de Vigo
- Delegación Provincial da Subsecretaría de Educación Popular de Pontevedra
- Delegación Local da Subsecretaría de Educación Popular de Vigo
- Delegación Provincial de Información e Turismo de Pontevedra
- Delegación Local de Información e Turismo de Vigo
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

De acordo co art. 1º do Decreto-Lei do 19 de xullo de 1951, polo que se reorganiza a Administración Central do Estado, o Ministerio de Información e Turismo creouse, cunha única subsecretaría, asumindo os servizos dependentes da Subsecretaría de Educación Popular e os comprendidos na Dirección Xeral de Turismo que se segregou do Ministerio da Gobernación.Ata o momento todos os servizos e organismos que, en materia de prensa e propaganda, se transferiran á Vicesecretaría de Educación Popular da FET y de las JONS pola Lei do 20 de maio de 1941, que a creou, pasarán a depender, polo Decreto-lei do 27 de xullo de 1945, do Ministerio de Educación Nacional constituíndo a Subsecretaría de Educación Popular. As súas delegacións, despois da creación do novo ministerio, pasaron a denominarse, pola Orde do 29 de agosto de 1951, delegacións provinciais do Ministerio de Información e Turismo, regulamentándose en 1952 mediante o Decreto do 15 de febreiro, no que se establece que o xefe ou delegado asumirá o mando de todos os servizos existentes no seu territorio en relación coas actividades de prensa, propaganda, radiodifusión, cinematografía, teatro e turismo que, como órgano da Administración, lle competen ó Ministerio.

Anos máis tarde, o Decreto 64/1968, do 18 de xaneiro, organízaas en seccións e negociados de acordo co volume das súas tarefas e o 836/1970, do 21 de marzo, que modifica o anterior, crea a figura do secretario provincial.

Pola súa banda o Decreto 3319/1974, do 28 de novembro, orgánico das delegacións provinciais do Ministerio de Información e Turismo e das súas oficinas de Turismo, establece no seu art. 8.2 que a Delegación Local de Vigo depende da Provincial de Pontevedra. Esta, posteriormente, mediante a Orde do 27 de febreiro de 1975, é clasificada de segunda categoría tendo o carácter de sección da mesma, a Local de Vigo.

O Ministerio de Información e Turismo desapareceu como tal polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, polo que se reestruturan determinados órganos da Administración Central do Estado, xa que todas as súas unidades pasaron a integrarse no novo Ministerio de Cultura e Benestar agás as dependentes da Subsecretaría de Turismo que se integraron nel, así mesmo, novo Ministerio de Comercio e Turismo.

2.3. Historia arquivística O fondo documental da Delegación Local de Vigo recolleuse polo Arquivo Histórico o 14 de outubro de 1978 e, durante o primeiro trimestre de 1979, incorporouse o procedente da Delegación Provincial de Pontevedra. Anos máis tarde, en 1988, completouse o fondo existente de Vigo co ingreso de 55 caixas.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Atópase inventariada o 75% da documentación destacando, entre outras, as series de rexistros de entrada e saída de correspondencia, correspondencia de entrada e saída, nóminas, actas de inspección, expedientes de sanción, expedientes de crédito hoteleiro e expedientes de apertura e peche de establecementos de hostalaría.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos
3.4. Organización

VICESECRETARÍA DE EDUCACIÓN POPULAR/SUBSECRETARÍA DE EDUCACIÓN POPULAR

Anos Caixas  
Delegación Provincial de Pontevedra 1939-1951 16
Delegación Local de Vigo 1940-1951 1
     

INFORMACIÓN E TURISMO

Anos Caixas
Delegación Provincial de Pontevedra 1951-1978 149
Delegación Local de Vigo 1951-1979 123
     


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD(G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004-febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/06/2005 14:27
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/