[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Catálogo » Índice de títulos
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Libros dixitais

Páxina [1] 2 3
EDITORIAL  

Catálogo. Títulos

Hórreos de Pontevedra
Santervás, Ana
Brun, Borja


Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-341-8
200 p.
Il. col.; 31 x 21,5 cm
P.V.P.: 20,00 €
Esgotado




É esta unha monografía sobre os principais hórreos da provincia de Pontevedra, construción popular galega por excelencia utilizada como despensa das casas labregas. Recolle un total de 186 hórreos repartidos polos 62 concellos da provincia. O núcleo do material etnográfico empregado xorde, concretamente, do traballo de campo desenvolvido por Ana Santervás e Borja Brun que percorreron a provincia en busca destas construcións que posteriormente fotografaron, situaron e describiron nesta publicación. Recóllense 3 hórreos de cada concello, dos que se describen as súas principais características (materiais, adornos, tamaño, pes…), a súa xeoposición é as posibles peculiaridades fronte ós outros. Entre os máis representativos podemos atopar: o hórreo de San Breixo no concello de Barro, feito en madeira apoiado sobre pés de pedra, o hórreo de Estacas en Cuntis, coas cepas de distinto tamaño polo gran desnivel do terreo onde se atopa, o de Salcedo en Pontevedra na Misión Biolóxica de Galicia, de gran tamaño con 11 pares de pés formados por dúas partes, o de Poio, un dos máis grandes de Galicia con dezasete pés por triplicado cun total de 51, ou o de Goián en Tomiño, que está apoiado sobre o chan.



Volver á páxina anterior

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/03/2024 10:20
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/