[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental Antonio Odriozola



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo
1.2. Título Colección documental de D. Antonio Odriozola
1.3. Datas 1911-1987
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 148 caixas de arqivo. Soporte en papel.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor D. Antonio Odriozola Pietas
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Antonio Odriozola naceu en Vitoria en 1911. Estudou a carreira de Dereito na Universidade Compostelá pero nunca exercería neste terreo. Foi bibliotecario da Misión Biolóxica de Galicia ata a súa xubilación en 1981. Este traballo non lle impediu desenvolver unha ampla tarefa investigadora nos campos da bibliografía, os libros litúrxicos, a imprenta, a micoloxía, a camelia, a música a gastronomía, etc. Foi patrón bilbiotecario do Museo de Pontevedra, membro do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos, presidente da “Sociedad de Bibliófilos Gallegos” e correspondente en Pontevedra das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando e da Historia. A súa morte por accidente en 1987 privounos dun dos investigadores máis serios do mundo en materia de incunables e libros litúrxicos
2.3. Historia arquivística A maior parte do arquivo de Antonio Odriozola permaneceu ata o seu falecemento na súa casa de Lérez. Outra pequena parte atopábase na vella biblioteca da Misión Biolóxica de Galicia. Tras a chegada ó Museo Mª Jesús Fortes e Ascensión Enjo Babío intentaron unha primeira ordenación dos materiais, pero os relacionados cos libros litúrxicos e os incunables están tan dispersos que necesitarán moito tempo, dedicación e coñecementos para facer un cadro de clasificación axeitado
2.4. Forma de ingreso Adquisición tras a súa morte


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O arquivo Odriozola é realmente variado, tanto nos temas de que trata coma nos tipos de materiais que contén. Hai estudos relacionados coas suas paixóns máis recoñecidas; a camelia, a micoloxia, a discografía, as bibliografías de escritores e periodistas galegos, a gastronomía, a historia da imprenta e da prensa periódica e, por último, os libros litúrxicos e os incunables. Neste último punto é interesantísima a serie de correspondencia con outro dos maiores expertos do mundo nestes temas, Thomas Norton, profesor da Universidade de Oxford, con quen levou a cabo un intercambio constante de noticias, descubrimentos e opinións.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Non están previstos
3.4. Organización

DOCUMENTACIÓN PERSOAL
- Formación e estudos
- Homenaxes
- Correspondencia
- Outros membros da familia

HISTORIA DA PRENSA
- Correspondencia
- A prensa en España
- A prensa en Galicia

A CAMELIA
- Correspondencia
- Conferencias e artigos de Antonio Odriozola
- Consursos e exposicións
- Publicacións sobre a camelia
- Outros

GASTRONOMÍA
- Correspondencia
- Bibliografías
- Recortes de prensa
- Concursos e festas gastronómicas
- Asociaciós gastronómicas
- Notas e artigos de Antonio Odriozola
- Receitas e menús
- Outros

MICOLOXÍA
- Correspondencia
- Bibliografía e exposicións bibliográficas
- Cursos
- Concursos micolóxicos
- Asociacións micolóxicas
- Gastronomía dos fungos
- Notas e artigos de Antonio Odriozola
- Outros

ESTUDOS MUSICOLÓXICOS
Autores
- Albéniz, Isaac Manuel Francisco
- Bach, Juan Sebastian
- Bartok, Bela
- Charpentier, Marc Antoine
- Falla, Manuel de
- Furtwäenger, Wilhelm
- Granados, Enrique
- Hindemith, Paul
- Honegger, Arthur
- Iturbi, José
- Koussevitzky, Sergei Alexandrovitch
- Luzzato, Wanda
- Mozart
- Muñoz Molleda, José
- Ojstrahk, David
- Pablo, Luis de
- Prokofiev, Sergei
- Puccini, Giacomo
- Ríos, Javier
- Salazar, Adolfo
- Schoenbers, Arnold
- Sopeña, Federico
- Stokowski, Leopold
- Straprokomith
- Stravinsky, Zgar
- Varela Silvari, José Mª
- Victoria, Tomás Luis de
- Villa-Lobos, Heitor
Estudos biográficos e discográficos
Sociedade Filharmónica de Pontevedra
Cursos e congresos de Música
Correspondencia
Artigos de Antonio Odriozola

XOGOS FLORAIS DE PONTEVEDRA

MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA
- Secretaría
- Biblioteca
- Documentación sobre D. Cruz Gallástegui
- Outros

BIOGRAFÍAS E BIBLIOGRAFÍAS DE ESCRITORES, PINTORES, ETC.



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre para os temas ordenados e catalogados
4.2. Condición de reprodución Libre para o material ordenado, previa solicitude por escrito e agás material en mal estado ou orixinais inéditos completos
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Moitos títulos e diplomas deben ser gardados en planeiros
4.5. Instrumentos de descrición Inventario dunha parte da documentación para consulta en sala


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Filgueira Valverde, José F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, tomo XLII, Pontevedra, 1988


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 11:03
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/