[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo do xulgado de paz de Gondomar


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo do xulgado de paz de Gondomar

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AXP.36021
1.2. Título Arquivo xulgado de paz de Gondomar
1.3. Datas 1870-2001
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 224 libros do rexistro civil e 97 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xulgado de paz de Gondomar
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Gondomar no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Vigo, no que se mantén ó longo de todo este tempo.

Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, integrándose no xulgado comarcal de Nigrán dende o ano 1945 ata o 1953.

2.3. Historia arquivística

O arquivo do xulgado sitúase na primeira planta dun local propio ocupando unha superficie de 45 m2 e nun local de 8 m2.

Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 15 metros lineais.

O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por María Herminia Martínez Pereira e Carmen Pérez Larrán.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1928, criminal dende 1916 e gobernativa dende 1877, ou de eleccións dende 1963.

Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa depor si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. REXISTRO CIVIL

   
1.1. CORRESPONDENCIA 1953-2000 9
1.2. NACEMENTOS 1870-2001 128
1.3. MATRIMONIOS 1871-2001 65
1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2001 83
1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1945-2000 4
1.6. CONSELLO DE FAMILIA    
1.7. NACIONALIDADE 1968-1999 1

2. XULGADO

2.1. ADMINISTRACIÓN 1930-2001 18
2.2. ASUNTOS CIVÍS 1928-1999 11
2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1916-1998 18
2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1877-2000 22
2.5. ELECCIÓNS 1963-2001 4
2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1983-1989 2


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ameto superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Gondomar, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *"Iventario dos arquivos dos xulgados de paz”Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 58, Tomo I
D.L. PO-23-98 ISBN: 84-89690-29-4
*Os arquivos dos Xulgados de Paz" Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 12, pgs. 283-303.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra "pontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/02/2005 08:39
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/