[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo Entidade Local Menor de Bembrive


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo Entidade Local Menor de Bembrive

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36057. AELM
1.2. Título Arquivo Entidade Local Menor de Bembrive
1.3. Datas 1945-2017
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 627 unidades de instalación con 4.935 expedientes ou agrupacións documentais, en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Entidade Local Menor de Bembrive
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Formada pola parroquia de Santiago de Bembrive, intégrase no Antigo Réxime na xurisdicción de Bouzas, con señorío do Bispado de Tui. Posteriormente no ano 1836, coa creación definitiva dos concellos constitucionais, será incluída no concello de Lavadores, a pesar de algún intento baldío para a súa integración no de Vigo. Esta definitiva adscrición ó concello constitucional de Vigo prodúcese no ano 1936, xunto coa totalidade das parroquias que formaban o concello de Lavadores.

Ten unha superficie total de 935 hectáreas nas que residen 4.766 habitantes, distribuídos nos lugares de Baruxáns, O Cacheno, O Carballal, O Cruceiro, A Cruz, As Chans, Eifonso, Esparramáns, Espedrás, Ferreiras, Os Freires, O Lameiro, Mandín, Miraflores, Monte da Pedrosa, O Monte do Calvario, Mosteiro, Mourelle, A Mouteira, Novelos, O Outeiro, Paio, A Parrocha, A Parrovella, A Pedra, O Polvorín, O Pouso, As Raposas, Recaré, As Regadas, Regueiras, Os Ríos, San Cibrán, Segade, O Toutizo, Xeme, A Xesteira e Xestoso.

Constitúese como Entidade Local Menor o 12 de xuño de 1945, xestionando o patrimonio propio constituído polos montes de San Cibrán, Aradas e outros. Dende entón funciona ininterrompidamente, ten a súa sede institucional nunha edificación propia no barrio de Mosteiro.

2.3. Historia arquivística

O proceso de organización inicial do fondo documental iniciase no ano 1996 con reincorporacións posteriores nos 2001, 2006, 2009 e 2014, levando a cabo estes procesos técnicos: José Luis Castro Carpintero, María del Carmen Fariña Fernández, Manuela González Rey, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, Alberto Aramburu García-Pintos, María Lede Pérez,Alfonso Gómez Martín, Diego Gómez-Aller Andrés e José Ángel Reyes González.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Foi a primeira das entidades locais menores na que se levou a cabo o proceso de organización e descrición dos fondos documentais, resultando no seu remate inventariadas un total de 430 unidades de instalación, dispostas en estantería metálica en caixas de cartón ríxido; son en total algo máis de quince metros lineais de documentación, o que supón que esta sexa a entidade con maior volume documental conservado.

Esta documentación abarca o período comprendido entre 1945 ata a actualidade. As actas dos órganos de goberno dende 1952 ata a actualidade e conservan, ademais, copia das actas do Pleno e Comisión de Goberno do Concello de Vigo destes últimos anos (15% do total da documentación).

Como é habitual, a maior parte do fondo documental corresponde á sección de Facenda (56%), con testemuños dende o ano 1945. Do resto da documentación destaca a referida ó patrimonio da Entidade Local, con algún documento anterior á propia constitución da Entidade; os aproveitamentos e poxas de madeiras e as obras levadas a cabo directamente pola propia institución.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

0. ÓRGANOS SUPERIORES

1985-2006 46

1. GOBERNO

1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA 1945-2013 33
1.2. ALCALDE PEDÁNEO 1969-2013 11
1.3. COMISIÓNS ESPECIAIS 1987-2010 3

2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS

2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA

2.1.1. SECRETARÍA 1946-2012 65
2.1.2. REXISTRO XERAL 1949-2012 18
2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN 1752-2013 46
2.1.4. PERSOAL 1956-2013 26
2.1.5. ELECCIÓNS 1979-2011 2
2.1.6. ARQUIVO 1994-2005 1

2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS

2.2.1. OBRAS E URBANISMO 1899-2013 74
2.2.2. SEGURIDADE CIDADÁ 1898-2009 5
2.2.3. EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES 1971-2013 28
2.2.4. PRESTACIÓN SOCIAL SUSTITUTORIA 1998-2000 1
2.2.5. SANIDADE E MEDIO AMBIENTE 1995-2013 3
2.2.6. SERVICIOS SOCIAIS 2000-2013 3

3. XESTIÓN ECONÓMICA

3.1. ORZAMENTO ORDINARIO 1945-2012 195
3.2. ORZAMENTO EXTRAORDINARIO 1956-1965 2
3.3. FACTURAS E EXTRACTOS BANCARIOS 1991-2013 3


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Vigo, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *"Inventario do patrimonio documental das Entidades Locais Menores de Galicia"
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7
D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xaneiro de 2018

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2018 08:43
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/