Inicialmente o arquivo ocupaba a ala dereita da planta superior da casa do concello a carón do salón de sesións, nun espacio rectangular con algo máis de 30 metros cadrados que se amosaba claramente insuficiente para a instalación da documentación que se producía; estaba dotado de estanterías metálicas e mesa de consulta.
Con posterioridade a corporación municipal acorda o traslado á casa de cultura dos fondos documentais custodiados no arquivo, acondicionando a tal fin unha das súas salas, na parte dereita da planta baixa, anexo ó salón de actos.
Este local actual ten unha superficie total aproximada de sesenta metros cadrados, con dez metros de longo e seis metros de ancho. Nel instalouse un sistema de estantería compactada que xa resultou insuficiente para o almacenamento da totalidade da documentación transferida ó arquivo.
No último proceso de incorporación documental habilitouse unha sala na primeira planta da casa de cultura para o seu uso como depósito documental, instalándose nela estantería metálica.
Dispoñen estos locais dunhas axeitadas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación, con aparato deshumidificador, mesa de consulta, ordenador e ficheiro.
O proceso de organización dos fondos documentais deste concello levado a cabo polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental desenvolveuse inicialmente no ano 1990, partindo dunha situación moi favorable, tendo en conta que esta documentación xa fora parcialmente organizada polo propio persoal municipal.
Dende a primeira actuación téñense producido sucesivas actualizacións e reincorporacións documentais nos anos 1992, 1995, 1996, 1998, 2002, 2005, 2009, 2013, e 2014, incluíndose entre elas o proceso de readaptación ó novo cadro de clasificación coincidindo co traslado documental á casa de cultura.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín José Luis Castro Carpintero Marina Díaz Paredes Josefa Fernández Ayuso Esther Fernández Pérez Manuela González Rey Guadalupe Maxide Lantero José Luis Méndez Pérez Daniel Menéndez Rodríguez Jaime Moiño Vaamonde Francisco José oRGE vENTÍN María Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María Leonor Rey Rey Montserrat Romero Alonso Francisco Valiñas Torres Yolanda Lois Peón
Jose Ángel Reyes González
Miguel Ángel Rocafort Ferradás
Antón Vázquez Escudero
Óscar Pena Espiño
|