[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Hospicio



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Hospicio. Aulas de xordomudos
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.16.
1.2. Título HOSPICIO
1.3. Datas 1829-1979
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 161 unidades de instalación con 1.650 agrupacións en soporte papel na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor HOSPICIO
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A raíz da crise de subsistencia a que acompañou unha epidemia de cólera que asolou a provincia en 1853, a Deputación ve a necesidade de crear institucións benéficas para axudar a paliar os graves problemas que afectan a grandes colectivos de persoas. Así, no Pleno de 12 de abril de 1853 faise unha chamada ó clero e ás clases podentes para que busquen remedio ante tanta indixencia. Un grupo de mulleres, apoiadas polo xefe político, constitúen a Asociación Benéfica de Señoras, que dispón a creación da Casa Hospicio no mes de outubro. Compartían o establecemento anciáns, nenos, tullidos e dementes, que para acollelos debían de ser pobres de solemnidade e veciños da cidade de Pontevedra.
Instálase no convento de Santo Domingo compartindo local co cárcere de mulleres ata 1855. Depende economicamente da caridade pública, recibindo apoio do Goberno Civil e do Arcebispado de Santiago de Compostela. Entre os anos 1878 ata 1903 funciona administrada pola Xunta Superior da Casa Hospicio, composta polo cardeal arcebispo de Santiago, unha comisión de deputados e unha comisión do Concello de Pontevedra, coa novidade de incluírse as Fillas da Caridade, que controlan a administración e o réxime interior. Varios problemas co concello, que abandona a Xunta, por cuestións relativas á banda de música e outras, obrigan ó hospicio a abandonar o local de Santo Domingo.
Ata 1885 estaba restrinxido ós nados ou veciños da capital. A partir de 1903 pasa ó convento de xesuítas e comeza a depender economicamente da Deputación. Entre 1930 e 1949 o abandono da Xunta é absoluto. As Fillas da Caridade fan e desfán ó seu aire chegando mesmo a situacións de malos tratos. Co fin de transformar a situación toman a iniciativa o presidente da Audiencia da Xunta de Protección de Menores, e baixo a presidencia do presidente da Deputación celébrase unha Xunta do Padroado do Hospicio que incorpora a figura do administrador xeral. No ano 1953 fúndese nun só centro o Hospicio e a Inclusa para formar o Fogar Provincial, que funcionará ata 1976, data en que se crea a Cidade Infantil Príncipe Felipe.
2.3. Historia arquivística Derivada da función de beneficencia propia das deputacións e pola súa vinculación económica con ela, estes fondos estiveron sempre baixo a custodia do organismo provincial. Foi organizada e descrita, baixo a dirección de Miguel A. Pereira Figueroa, por Elena Garnelo Mariñas, María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín. Para revisión e descrición detallada deste fondo en 2013 contouse coa colaboración dos bolseiros: Magali Trillo González e José Manuel Fariña Jamardo.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Ten grande interese para o estudio da situación social da provincia.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se practicou ningún expurgo. Conservación total.
3.3. Novos ingresos É un fondo pechado.
3.4. Organización Organízase en tres seccións, de acordo coas funcións desempeñadas e a tipoloxía documental, co seguinte cadro de clasificación:
1. ADMINISTRACIÓN (1864/1973)
1.1. Libros de actas (1878/1949)
1.2. Libro rexistro de entrada de correspondencia (1927/1971)
1.3. Libro rexistro de saída de correspondencia (1901/1973)
1.4. Correspondencia (1864/1973)
1.5. Expedientes de sesións (1895/1945)
1.6. Expedientes de persoal (1870/1910)
1.7. Memorias e informes (1895/1973)
1.8. Expedientes de obras (1896/1911)
1.9. Libro rexistro de partidas de defunción (1880/1917)

2. ACTIVIDADE (1829/1979)
2.1. Expedientes sanitarios (1934/1958)
2.2. Expedientes de educación (1932/1979)
2.3. Expedientes de hospicianos (1829/1971)
2.4. Libro rexistro de entrega de hospicianos (1879/1883)
2.5. Banda de música do Hospicio (1854/1930)

3. CONTABILIDADE (1834/1968)
3.1. Contabilidade do Hospicio (1834/1968)


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Este fondo ten acceso limitado por conter información confidencial polo que se require unha autorización según a lexislación vixente para poder acceder a él.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de consulta.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Todo o conxunto documental aparece en castelán.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: Bo.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 1.650 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais O fondo ten documentación orixinal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pódese relacionar co fondo da Inclusa e o da Gota de Leche. Tamén coa documentación da Subsección de Beneficencia do Fondo Deputación.
5.4. Nota de publicacións Fariña Jamardo X., Pereira Figueroa, M.A.: La Diputación de Pontevedra: 1836-1986. Pontevedra: Deputación Provincial, 1986.- Páx.. 349-362ISBN:84-505-3674-X


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Febreiro de 2018

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2018 12:51
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/