|
 |
|
Familia Caamaño
|
Licenza dada por don Juan Varela Mariño a certos mareantes para pescar no río e no estanque da Casa de Goiáns 10 de xuño de 1659 |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36038.ADPO.10. |
1.2. |
Título |
FAMILIA CAAMAÑO |
1.3. |
Datas |
1411–1895 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
138 unidades de instalación con 3.612 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Familia Caamaño |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A liñaxe dos Caamaño arranca na casa troncal de Noia, segundo o padre Crespo, con noticias coñecidas dende mediados do século XII. A primeira separación importante prodúcese con D. Álvaro de Caamaño, fundador da casa de Romelle no actual concello de Zas, á que corresponde a maior parte deste fondo. Posteriormente incorpórase a casa de Goiáns, os sucesores da cal crearán a casa de Ferrol, tendo algúns deles vínculos coa Armada. A partir do tronco inicial xorden as casas de Vista Alegre e Rubiáns co marquesado de Vilagarcía, acumulados por Don Álvaro de Mendoza, que será obxecto dun longo preito pola súa posesión. O morgado de Nebra foi fundado en 1524 e vai ter como agregados os de Noal, Baroña, Queiruga, Oleiros, Ribasieira e Caamaño. Por último, os Caamaño entroncan coa familia Pardo herdando o condado de Maceda xa no século XIX. |
2.3. |
Historia arquivística |
O anticuario de Vigo D. Severo Pardo vendeuno a Deputación Provincial de Pontevedra en 1983.
A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Inés Pájao Porral, Maria José fernández Ayuso e María del Carmen Pereira Pazos.
Nunha fase posterior foi descrito polo miúdo, completándose a totalidade dos documentos, por María de los Ángeles Vázquez Martínez.
Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por compra |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Moi interesante non só para a investigación xenealóxica senón tamén pola abundante información sobre a historia económica, a transmisión da propiedade e a administración do patrimonio no ámbito xeral de Galicia pois abarca as catro provincias. A documentación relativa a preitos é importantísima pola amplitude cronolóxica e refírese basicamente a cuestións patrimoniais e á sucesión de morgados e vínculos, das cales a máis importante é a que produce o marquesado de Vilagarcía entre os séculos XVIII e XIX. Comprende documentación de varias casas e familias que por agregación converxen na familia Caamaño. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Non se realizou ningún tipo de expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde a Idade Media hasta o século XIX. |
3.3. |
Novos ingresos |
Considerado un arquivo pechado. |
3.4. |
Organización |
Tentouse organizar a documentación por casas e familias pero ao non ser posible pola dispersión que presentaba o fondo realizouse por series documentais considerando as diferentes familias como unha soa co seguinte cadro de clasificación:
1. DOCUMENTOS XENEALÓXICOS E HERÁLDICOS
- Xenealoxía / Árbores<
BR>- Probas de nobreza
2. DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL
- TRANSMISIÓN DA PROPIEDADE - Foros - Vendas - Permutas - Doazóns e cesións - Desembargos - Arrendamentos - Dotes - Adquisicións - Capitulacións - ADMINISTRACIÓN DA PROPIEDADE - Inventarios de bens - Cobros de rendas / Contas - Obras e reparacións - Pesca 3. DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL - Nomeamentos de cargos - Beneficios - Fundacións - Morgados - Bulas - Títulos 4. DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO - Preitos - Poderes 5. OFICINA DA CASA. ARQUIVO - Correspondencia- Índices documentais - Certificacións eclesiásticas 6. OUTRA DOCUMENTACIÓN -Asuntos militares - Varios |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas. |
4.2. |
Condición de reprodución |
A reproducción está limitada polas condicións de conservación. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
A maior parte dos documentos utilizan o castelán, excepto algúns en latín, francés e galego. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Estado de conservación da documentación: bastante deteriorada |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Base de datos en ATOM cun total de 3.612 rexistros. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
A documentación é toda orixinal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Descoñécense a existencia de copias noutros arquivos. |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
No Arquivo do Reino de Galicia na Coruña custódiase o arquivo da familia Caamaño y Lamas, adquirido por compra en 1988 e cunha etapa cronolóxica que abrangue de 1687 a 1730. Na Fundación Penzol de Vigo e na biblioteca de Vilagarcía consérvase documentación relativa ao marquesado de Vilagarcía. |
5.4. |
Nota de publicacións |
Non se coñece |
|
 |
 |
 |
 |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa. |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G).
Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA). |
7.3. |
Data da descripción |
Febreiro de 2018 |
|
 |
|