[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Riscos Laborais
Páxina Principal
Servizos
Riscos Laborais
Presentación
Plan de prevención
Funcións
Actividades
Formación
Sanitarias
Comunicación accidentes - Modelos
Avaliación de riscos laborais
Comité de seguridade e saúde
Enlaces de interese

Páxina 1 [2] 3
RISCOS LABORAIS 

Política de Prevención de Riscos Laborais

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ratifica a seguinte política de actuación en Prevención de Riscos Laborais, que se aplicará a todos os seus empregados e instalacións:

A vida, integridade física e saúde dos traballadores son dereitos cuxa protección ha de ser unha constante do quefacer cotián para todos os que traballamos na Deputación Provincial de Pontevedra e, especialmente, daqueles que, nun ou outro nivel e nun ou outro posto de traballo, exercen funcións de mando.

Debido a que consideramos que as persoas constitúen o activo máis importante da nosa institución, é obxectivo desta Presidencia establecer unha política preventiva que vaia cara un modelo de prevención científica, integral, integrada e de participación.

Baseándonos no principio de que todos os accidentes, incidentes e enfermidades laborais poden e deben ser evitados, a Deputación comprométese a alcanzar un alto nivel de seguridade e saúde no traballo, non limitándose soamente a cumprir coa lexislación vixente na materia, senón levando a cabo accións que eleven o grao de protección dos traballadores marcado pola lei se isto fora necesario.

Este compromiso, que se expresará de forma manifesta, será un dos obxectivos esenciais marcados na política xeral da Deputación.

A liña de mando asumirá e potenciará a integración da seguridade no proceso de produción, establecendo como principio básico que a mellor produtividade se consegue coa maior seguridade, pois non se debe esquecer que a conservación dos recursos materiais e humanos constitúe un elemento fundamental para diminuír os custos.

En aras a promover unha conduta segura nas actividades desenvolvidas achegará ós traballadores toda a información existente sobre os riscos inherentes ó seu traballo, así como a formación necesaria sobre os medios e medidas a adoptar para a súa correcta prevención.

De igual modo, promoverase a participación de todos os traballadores nas cuestións relacionadas coa prevención de riscos no traballo, por seren eles os que coñecen con maior profundidade os pormenores das tarefas que realizan e, polo tanto, son os máis indicados para promover ideas sobre o xeito máis seguro de levalas a cabo.

Para acadarmos todos estes obxectivos asignaranse os recursos necesarios e planificaranse adecuándoos á súa utilización.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2004

O Presidente

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/12/2004 14:48
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/