Unha mesa sectorial do Plan Estratéxico reunirase hoxe en Lalín para abordar a xestión cultural na provincia de Pontevedra
A reunión terá lugar ás 17 horas na Aula de Formación de Caixanova no Polígono Lalín 2000
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Plan Estratéxico Provincial 2010 15 DECEMBRO 2004
Unha mesa sectorial que se reúne hoxe en Lalín abordará a problemática da xestión cultural na provincia. Este encontro para o debate estará coordinado por Xosé Manuel González, presidente da Fundación Premios da Crítica, Medalla Castelao, funcionario de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e experto encargado de redactar a análise sectorial de Cultura e Identidade Territorial na elaboración do Plan Estratéxico Provincial que lle encargou a Deputación de Pontevedra á Escuela para las Administraciones Públicas de Caixanova.
Na reunión, que se celebrará ás 17 horas na Aula de Formación de Caixanova no polígono Lalín 2000, participarán, ademais do coordinador Xosé Manuel González, as seguintes persoas:
- Rosana López Salgueiro, delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo
- Guillermo Brea Vila, subdirector xeral de Caixanova, director de Obras Sociais
- Xulio Ríos Paredes, director do IGADI.
- Daniel Buján Núñez, xefe de servizo da Subdirección Xeral de Promoción Cultural do Libro e Bibliotecas
- Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo Provincial de Pontevedra
- Román Rodríguez Abella, concelleiro da Área de Urbanismo, Formación e Cultura do Concello de Lalín
- Xosé Manuel Rodríguez Abella, cofundador da Nova Escola Galega. xefe de Servizo de Educación del Concello de Santiago
- José Ramón Rial Becerra, responsable de Cultura do Concello de Valga
- Rafael Ojea Pérez, xefe do servizo de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo
- Clodio González Pérez, etnógrafo
- Xesús Ferro Ruibal, investigador do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro
- Xosé Benito Reza Rodríguez, enxeñeiro de Montes na Delegación de Ourense da Consellería de Medio Ambiente
- Xoán Guitián Rivera, Director- xerente da Fundación Valle- Inclán
- Francisco Lareo Morao, xerente da Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño
Inmigración e inculturación, cooperación cos concellos, eventos culturais, museos, cooperación público-privada, política lingüística e irmanamentos e diversidade cultural serán as áreas que abordarán os participantes nesta derradeira mesa sectorial convocada para a elaboración do Plan Estratéxico da provincia de Pontevedra.
| | | |
|