[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE SETEMBRO DE 2022
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

O Pazo de Cultura acollerá os días 7, 8 e 9 de outubro o V Certame Provincial de Bandas de Música Deputación Provincial de Pontevedra

Participarán vinte agrupacións de toda a provincia e máis de 1.000 músicos



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

26 SETEMBRO 2005


O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou hoxe o V Certame Provincial de Bandas de Música que se celebrará os días sete, oito e nove de outubro no Pazo de Cultura. No acto de presentación tamén estiveron presentes o deputado delegado de Cultura, José Juan Durán, o director territorial de CaixaGalicia, José Manuel Fernández e o director técnico do certame, Alberto Vila.

O certame de bandas contará coa participación de vinte agrupacións distribuídas varias seccións en función do número de componentes das bandas. Así, segundo explicou José Juan Durán, na sección terceira participarán oito bandas compostas 40 ou 45 membros; a sección segunda por seis bandas con 45-60 músicos; na sección primeira participarán tres bandas con 60-80 membros; e, finalmente, na sección especial participarán tres bandas con 80-115 membros.

As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas pezas dos seguintes autores: sección terceira Euxenio Pazos Reyes coa obra “Contos de Alentraia”; sección segunda José Bugallo Senra con “Gallaecia”; sección primeira Ernesto Campos con “Marea Branca” e sección especial Miguel Brotóns Pérez con “Metáforas”.

Ó remate de cada xornada terá lugar unha actuación musical a cargo de diferentes grupos musicais recoñecidos como por exemplo a Banda de Música de Salcedo que ven de recibir o primeiro premio no concurso internacional de bandas de Valencia e o Grupo de Metais de Galicia.


XURADO ESPECIALIZADO

O xurado estará presidido pola vicepresidenta, Teresa Pedrosa, e estará composto polos seguintes vocais: Bernardo Adam Ferrero, compositor e director de orquestra; Joan Foriscot Riba, compositor e subdirector da Banda Sinfónica Municipal de Madrid; Manuel Bonachera Pedrós, director de banda e de orquestra; Rafael Montes Gómez, director de orquestra; e Alberto González Avilés, compositor proposto pola Federación Galaga de Bandas de Música Populares. Finalmente, actuará como secretario o xefe do servicio de Cultura da Deputación, Antonio Santos Guerra.


OS PREMIOS

Todas as bandas participantes percibirán unha contía económica pola súa participación. Concretamente as da sección especial recibirán 3.600 euros; a sección primeira 3.000; a sección segunda 2.400 e a sección terceira 1.800 euros.

Así mesmo, a Fundación Caixa Galicia, dacordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a mención especial os seguintes premios : sección especial, 5.700 euros; sección primeira, 4.800 euros; sección segunda, 3.900 euros; e sección terceira, 3.000 euros.

A Federación Galega de Bandas de Música Populares recoñecerá o traballo realizado na interpretación das obras por parte das bandas de música federadas que participen no certame cos seguintes premios: sección especial, 600 euros; sección primeira, 500 euros; sección segunda 400 euros; e sección terceira, 300 euros.

As bandas que obteñan a mención de honra tamén recibirán uns cheques por valor instrumental: sección especial, 1.500 euros; sección primeira, 1.200 euros; sección segunda 1.050 euros; e sección terceira, 900 euros.


PROGRAMA 2005


SECCIÓN TERCEIRA
Venres 7 de outubro
Pazo da Cultura de Pontevedra, 19:00 horas

Obra obrigada: “Contos de Alentraia” (Suite) de Euxenio Pazos Reyes
I.- Alborada
IV.- Foliada

  • BANDA DE MÚSICA CULTURAL DE MONDARIZ
    Director: Manuel Iglesias Ramilo
    Obra Libre: “Rienzi” (Obertura) de Ricardo Wagner
     

  • BANDA DE MÚSICA UNIÓN DE GULÁNS
    Directora: Alicia Porto Fernández
    Obra Libre: “Rikudim” de Jan Van der Roost
     

  • AGRUPACIÓN MUSICAL “LIRA” DE SAN MIGUEL DE OIA
    Director: Esteban Valverde Corrales
    Obra Libre: ”El Camino Real” (Fantasía Latina) de Alfred Reed.
     

  • BANDA DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO
    Director: José Fernández Prego
    Obra Libre: “Rivieren-Cyclus” de A. Malando (arr. K. Vlak)
    I.- Río Negro
    II.- Orinoco
    III.- Chubut
     

  • BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA
    Director: Manuel Villar Touceda
    Obra Libre: ”The Legend of Ali-Baba” de Bert Appermont y Frank Van Baelen
    I.- The secret treasure
    II.- Tales from the desert
    III.- The fourty thieves
     

  • BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE CHAPELA
    Director: Francisco Abal Rosales
    Obra Libre: “Overture to a New Age” de Jan de Haan
     

  • UNIÓN MÚSICAL DE CABRAL
    Director: Emilio Lede Abal
    Obra Libre: ”First Suite in E Flat” de Gustav Holst
    I.- Chaconne
    II.- Intermezzo
    III.- March
     

  • BANDA XUVENIL DE TORROSO
    Directora: Angeles Lorenzo Estévez
    Obra Libre: ”The Inferno” (from the “Divine Comedy”) de Robert W. Smith
     




AGRUPACIÓN INVITADA
(coa colaboración de Musical Pontevedra)
BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO
Director: Luis Alberto González Amosa




SECCIÓN SEGUNDA
Sábado 8 de outubro
Pazo da Cultura de Pontevedra, 18,00 horas

Obra obrigada: “Gallaecia” (Fantasía ) de José Bugallo Senra.
I.- Introducción
II.-Danza Meiga
III.-Sentinel
IV.-Final

  • BANDA DE MÚSICA BELLAS ARTES
    Director: Eduardo González López
    Obra Libre: “O Camiño de Santiago” (Sinfonía nº 1 para banda) de J.G.Gómez Deval
    I.- Meditación y peregrinaje
    II.-Paisaje y leyenda
    III.-Oración y milagro
    IV.-Santiago y el jubileo
     

  • BANDA DE MÚSICA POPULAR DE RUBIÓS
    Director: Rafael Pérez Dopeso
    Obra Libre: “Cançons de Mare” de Rafael Taléns
    I.- Canço (Mareta)
    II.- Mare: “Visanteta” es casa
    III.- Canço (baix del Pont de Cullera)
     

  • BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO
    Director: Miguel A. Castro Carrera.
    Obra Libre: “Algemiz” de Ferrer Ferrán
    I.-Batalla del Sucro
    II.-Dansa dels Conqueridors
     

  • AGRUPACIÓN MUSICAL DE BELESAR
    Director: Javier Domínguez Millán
    Obra Libre: “Arcana” de Kevin Houben.
     

  • AGRUPACIÓN MÚSICO-CULTURAL DE RIBADUMIA
    Director: Victor Manuel Fernández Vázquez
    Obra Libre: “Suite Céltica” de J. Vicente Egea
    II.- Adagietto
    III.-Allegro moderato
     

  • BANDA DE MÚSICA RECREATIVA E CULTURAL DE BANDEIRA
    Director: Braulio Manuel Cao Ledo
    Obra Libre: “Belkis, regina di Saba” de Ottorino Respighi (arr. Yoshihiro Kimura)
    I.- Il sogno di Salomone
    IV.- Danza orgiástica
     






SECCIÓN PRIMEIRA
Sábado 8 de outubro
Pazo da Cultura de Pontevedra, 18:00 horas

Obra obrigada: “Marea Branca” de Ernesto Campos
III.- Marea de dignidade

  • AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS
    Director: Juan Luis Costas Álvarez
    Obra Libre: “Armenian Dances” (1 ª Parte) de Alfred Reed
     

  • AGRUPACIÓN MUSICAL ATLÁNTIDA DE MATAMÁ
    Director: Enrique Lorenzo Vila
    Obra Libre: “Gloriosa “ (Poema Sinfónico) de Yasuhide Ito
    I.- Oratio
    II.- Cantus
    III.- Dies Festus
     

  • UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO
    Director: Javier Morgade Dobaño
    Obra Libre: ”Asgard “(Sinfonía nº1) de Teodoro Aparicio Barberán
    I.- The door of Val- Hall
    II.- The guard of the clouds
    III.- Crazy Man
     




AGRUPACIÓN INVITADA
(coa colaboración de musical Pontevedra)
BANDA SINFÓNICA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES






SECCIÓN ESPECIAL
Domingo 9 de outubro
Pazo da Cultura de Pontevedra, 17:00 horas

Obra obrigada: ”Metáforas”(Preludio para banda) de Miguel Brotóns Pérez

  • BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE
    Director: Javier Viceiro Filgueira
    Obra Libre: ”The Firebird” (Suite from the ballet) de Igor Stravinsky (transcrip. Randy Earles)
    Introduction. Ronde des Princesses. Danse infernale du roi Kastchei. Berceuse. Finale.
     

  • BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA
    Director: José Luis Represas Carrera
    Obra Libre: ”Fifht Symphony: Phoenix” de James Barnes
    I.- Eulogy
    IV.- Jubilation
     

  • UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES
    Director: José Iglesias Ramilo
    Obra Libre: ”Fifth Symphony” de Alfred Reed
    I.- Moderately and sustained
    II.- Freely (quasi recitative)
    III.-Allegro Molto, con fuoco
     




CONCERTO DE CLAUSURA
(coa colaboración de Musical Pontevedra)
GRUPO DE METAIS DE GALICIA



BUSCAR NAS NOVAS
SETEMBRO 2022
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/09/2005 22:26
Copyright © 2002-2022, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/