A Deputación asinou un convenio dotado con 24.000 euros con Aetinape para un programa de formación para titulados náuticos pesqueiros
O programa contempla cursos de Familiarización en Buques Tanque, de Petroleiros e de Operador de Radar de punteo automático
 |  | |  |  |  | José Manuel Muñiz Ríos, presidente de Aetinape, xunto o delegado de Pesca, Enrique Sotelo |  |  |
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Gabinete de Comunicación 15 MAIO 2004
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado delegado de Pesca, Enrique Sotelo, asinou un convenio co presidente da Asociación Española de Titulados Náutico Pesqueiros (Aetinape), José Manuel Muñiz Ríos, a través do cal a institución provincial aporta 24.000 euros dirixidos a financiar un programa de formación para a mellora do tráfico marítimo e a reciclaxe dos profesionais do sector atendendo á aplicación de novas tecnoloxías.
Para dar resposta a este obxectivo, Aetinape plantexa a realización dun programa de accións formativas para o cal dispón das dotacións didácticas, recursos tecnolóxicos, monitores especializados e con experiencia na formación de adultos, e todo o material de apoio preciso. O programa estará composto por cursos de Familiarización en Buques Tanque, de Especialidade para o Persoal de Buques Petroleiros e unha última actividade de Operador de Radar de punteo automático.
RECICLAXE DOS TRABALLADORES
A situación do sector marítimo-pesqueiro, así como a aplicación das novas tecnoloxías á navegación fai imprescindible e necesaria a reciclaxe dos traballadores e un constante esforzo de reciclaxe por parte dun importante número de profesionais do sector. Neste senso, a Asociación de Titulados Náutico-pesqueiros ten como obxectivo participar nesta adecuación do sector ás novas demandas da situación económico-social actual, así como a que o traballo no mar se preste nas mellores condicións de seguridade.
| | | |  | DECEMBRO 2019 |  |
L | M | M | X | V | S | D |
| | | | | | 1 |
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | | | | | |
|