[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Vilagarcía de Arousa acollerá o sábado e o domingo o XII Certame Provincial de Bandas de música no que participarán 14 agrupacións



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

24 OUTUBRO 2012


O Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa acollerá os vindeiros sábado 27 de outubro e domingo 28 o XII Certame Provincial de Bandas de Música no que participarán 14 agrupacións musicais de toda a provincia, según explicou hoxe en rolda de prensa no Pazo Provincial a deputada provincial Ana Isabel Vázquez.

O sábado 27 intervirán 8 bandas na sección segunda e terceira do certame. Na segunda, as bandas de Goián, Airiños do Morrazo e a banda xuvenil de Torroso interpretarán, a partir das 15 horas, ademais dunha composición libre, a obra obrigada “Camiño da Rogueira” de Ernesto Campos. Nesta sección, a gañadora recibirá 2.900 euros e a segunda clasificada, 1.300.

Esta mesma data, na sección terceira, actuarán as bandas de Arbo, Vilatuxe (Lalín), Bembrive (Vigo), Vertula e Ribadumia. Ademais da composición libre, están obrigadas a interpretar “Suite silvestre” de Andrés Fernández Rodríguez. Nesta sección, repartiranse 2.400 euros para o gañador e 1.100 para o segundo.

O domingo 28 de outubro, na sección primeira, intervirán, a partir das 11 horas, as bandas de Valga, Vilagarcía de Arousa e Vincios (Gondomar) que tocarán un tema libre e unha obrigatoria, “Visións” de Ángel Montes. A agrupación gañadora recibirá 3.400 euros e a segunda clasificada 1.700.

Finalmente, o mesmo domingo, a partir das 16,30 horas, na sección especial tocarán as bandas de Valladares (Vigo), Caldas de Reis e Meaño co tema obrigado “Mártires da liberdade” de Miguel Brotóns e un tema libre cada unha. Neste apartado, os premios serán de 4.100 euros para a primeira e 2.000 para a segunda.

Os gañadores das distintas seccións recibirán, ademais dos premios en metálico mencionados, cheques por valor instrumental cedidos pola empresa “Musical Pontevedra” de 1.500, 1.200, 1.050 e 900 euros según a sección na que interveñan.

O xurado do XII Certame Provincial de Bandas de Pontevedra estará formado por Francisco Grau Vegara, compositor e director de orquestra; Francisco Ferreira, director da Banda Sinfónica Portuguesa; José Zaldo García, director de orquestra; Rafael Montes Gómez, director de orquestra venezolano; e Juan Durán, compositor en representación da Federación Galega de Bandas de Música Populares.



BUSCAR NAS NOVAS
MARZO 2024
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/10/2012 21:16
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/