[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Entidades Locais Menores » Pazos de Reis » Fondo. Norma ISAD(G)
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Entidades
Locais Menores
Pazos de Reis
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7
PAZOS DE REIS 

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. AELM. 36055
1.2. Título Arquivo Entidade Local Menor de Pazos de Reis
1.3. Datas 1926-2004
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 138 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Entidade Local Menor de Pazos de Reis
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Formada pola parroquia de Nosa Señora do Sagrario de Pazos de Reis, que pertence ó concello de Tui; ten unha superficie total de 615 hectáreas nas que residen 1.113 habitantes, distribuídos nos lugares de O Ánxel, Circos, O Eirado, Frinxo, Herdeiros, Os Muíños, A Poboanza, A Porteliña, Ricamonde e O Seixal.

A Entidade Local Menor constitúese no ano 1926, con certa oposición por parte de veciños de Tui.

Actualmente ten a súa sede con carácter provisional nunha escola e centro cultural, propiedade da Entidade, por ter sido expropiada a anterior casa por mor da construcción da autovía Vigo-Tui. Atópase en construcción unha nova na subida ó monte Aloia.

2.3. Historia arquivística

A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor.

Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de nove metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación.

Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, Jacobo Domínguez Pedreira e Iñaki Pérez Varela.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Conserva un total de cento dez unidades de instalación, con documentos dende 1924. Entre eles están a totalidade das actas dos órganos de goberno desde a súa constitución no ano 1926.

O 71% do total corresponde a xestión e control presupostario, tendo certa relevancia cuantitativa as series de obras e urbanismo así como os aproveitamentos de madeiras. Testemuñalmente existe documentación relacionada co monte Aloia e o seu Padroado e das relacións da Entidade Local co propio concello de Tui, ó que incluso chegou a axudar para a construcción da súa casa do concello.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

0. ÓRGANOS SUPERIORES

1. GOBERNO

1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA 1926-1992 3

2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS

2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA

2.1.1. SECRETARÍA 1946-1994 6
2.1.2. REXISTRO XERAL 1976-1984 1
2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN
     2.1.3.1. PATRIMONIO 1930-1993 2
     2.1.3.2. CONTRATACIÓN 1948-1994 8
2.1.4. PERSOAL 1948-1993 1
2.1.5. ELECCIÓNS 1982-1991 1

2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS

2.2.1. OBRAS E URBANISMO 1952-1994 12
2.2.2. BENEFICENCIA 1977-1994 1
2.2.3. EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES 1953-1994 1

3. XESTIÓN ECONÓMICA

3.1. PRESUPOSTO ORDINARIO 1927-1994 75
3.2. PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO 1965-1971 1


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados.
Inventario somero e detallado en papel.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Tui, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *"Inventario do patrimonio documental das Entidades Locais Menores de Galicia"
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7
D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2005

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/10/2005 13:56
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/