[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Servizos » Acción Social » Webs temáticas » 25 de novembro. Día internacional contra a violencia sobre as mulleres
Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES 



ACTIVIDADE 3: ABUSOS PSICOLÓXICOS CÓMO REACCIONAR?

"Calquera acto ou conduta intencionada que produce desvaloracións, sufrementos ou agresións psíquicas e que afecta gravemente á autoestima da persoa que o recibe"

  • Ler en voz alta a seguinte historia:
    Ana e Xan son noivos e saíron xuntos unha tarde. Chegadas as dez da noite Ana dille a Xan que ten que voltar para a casa, pero a Xan apetécelle pasar máis tempo con Ana. Esta arguméntalle que a súa nai non a deixa máis tempo e que ela non quere ter un problema na súa casa. Ao que Xan lle di que é idiota, que a súa nai tan só se enfadará un pouco pero que mañá xa lle terá pasado e que aínda así se verá obrigado a buscar outra noiva que pase máis tempo con el e que o poida atender doutro xeito.
  • Preguntas:
    • Que cres que fará Ana?
    • Que farías ti?
    • Que opinas da actitude de Xan?
  • Anota as respostas e escolle as máis interesantes considerando que:
    • Ana ten dereito a dicir NON ó que lle pide Xan.
    • Xan ten que aprender a respectar as outras persoas, xa que cometeu dous abusos: insultos e ameazas.

Conclusións:

Detectar polas respostas se as rapazas e rapaces están influenciados por algún prexuízo de xénero.

Facer observacións concretas sobre a actitude dalgún mozo ou moza.



Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/11/2004 11:01
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/