|
 |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36051.AMSAN. |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Sanxenxo |
1.3. |
Datas |
1863-2014 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
12.842 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Sanxenxo |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O territorio do municipio de Sanxenxo sitúase a carón da costa atlántica, no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Meaño, O Grove e Poio e coas rías de Pontevedra e de Arousa.
Ocupa unha superficie total superior ós corenta e catro quilómetros cadrados con cento quince entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Adina, Arra, Bordóns, Dorrón, Gondar, Nantes de Reis, Noalla, Padriñán e Vilalonga, nas que residen algo máis de quince mil habitantes con carácter estable.
Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción da Lanzada con señorío do arcebispo de Santiago na súa maior parte, compartido co duque de Patiño no caso de Vilalonga e con Juan Méndez no caso de Dorrón.
No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Cambados, chegaron a funcionar os concellos de Dorrón, Sanxenxo e Portonovo. No ano 1836 créase Sanxenxo como entidade local independente, coa configuración actual, que se mantén sen modificacións destacables agás a adscrición da illa de Ons ó concello de Bueu segregándoa do de Sanxenxo xa en 1844, a petición dos seus veciños e do marqués de Valladares daquela con señorío na illa. |
2.3. |
Historia arquivística |
Ata a última actuación víñanse conservando estes fondos na torre da casa do concello, nunha terceira planta, con notables problemas de espacio e operatividade.
Na última actuación o local do arquivo municipal foi trasladado ó baixo dun edificio próximo á casa do concello, procedendo á súa reforma e adecuación a esta nova finalidade a partir dunha concepción prioritaria de depósito documental do elevado número de unidades de instalación que se conservan.
Ocupa unha gran sala rectangular cunha superficie superior ós cento vinte metros cadrados, no que se procedeu a instalar o maior número de estantería metálica posible, parcialmente compactada, cunha superficie útil total estimada superior ós oitocentos metros lineais, e habilitar unha pequena zona de traballo e consulta a carón da entrada ó local.
Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, moderno equipamento informático e adecuadas condicións de habitabilidade, seguridade e de illamento.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo en 1988, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a mellora e o traslado a un novo local, nos anos 1993, 2000, 2001, 2004, 2005, 2007, 2009, 2011 e 2013.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín Alberto Aramburu García-Pintos José Luis Castro Carpintero César Manuel López Marras Jaime Moíño Vaamonde Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Iria Chaves Moledo Javier López Sáez Aída María Pérez Martínez Miguel Ángel Rocafort Ferradás José Ángel Reyes González Sabela Vázquez Díaz Lorena García Novoa
Nos últimos anos o concello creou no seu cadro de persoal unha praza de arquiveiro. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Supón globalmente un elevado número de unidades de instalación, a pesar de que a práctica totalidade dos fondos documentais corresponden ó século vinte con algunhas perdas documentais notables coma os libros de actas anteriores ó ano 1900, agás o de 1883, ou a documentación presupostaria anterior a 1882.
A documentación de quintas non vai máis alá de 1912; os padróns de habitantes máis antigos son de 1935, sen referentes polo tanto do século dezanove e a producción documental sobre as distintas convocatorias electorais non se conserva máis que dende 1963. Do conxunto documental destaca aquela xerada no control urbanístico das construccións de particulares, así como o desenvolvemento das diversas obras municipais. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. GOBERNO
1.1. CONCELLO / PLENO |
|
|
1.2. ALCALDE |
|
|
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE |
|
|
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
|
|
|
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
2.2. REXISTRO |
|
|
2.3. PATRIMONIO |
|
|
2.4. PERSOAL |
|
|
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
|
|
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
|
|
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
|
|
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
|
|
2.6. CONTRATACIÓN |
|
|
2.7. ARQUIVO |
|
|
3. SERVIZOS
3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
3.1.1. PLANIFICACIÓN |
|
|
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
|
|
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
|
|
3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
|
|
3.1.5. INDUSTRIAS |
|
|
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
|
|
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.2. MATADOIRO |
|
|
3.3.3. AUGA |
|
|
3.3.4. OMIC |
|
|
3.3.5. PÓSITO |
|
|
3.4. TRANSPORTES |
|
|
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
|
|
3.6. SANIDADE |
|
|
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
|
|
3.8. EDUCACIÓN |
|
|
3.9. CULTURA |
|
|
3.10. DEPORTES |
|
|
3.11. POBOACIÓN |
|
|
3.12. QUINTAS E MILICIAS |
|
|
3.13. ELECCIÓNS |
|
|
4. FACENDA
4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
|
|
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS |
|
|
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS |
|
|
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS |
|
|
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
4.2.1. IMPOSTOS |
|
|
4.2.2. TAXAS |
|
|
4.3. TESOURERÍA |
|
|
4.3.1. CAIXA |
|
|
4.3.2. RECADACIÓN |
|
|
4.3.3. CONTAS BANCARIAS |
|
|
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario arquivo do concello de Sanxenxo” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 28 D.L. PO-66-01 ISBN: 84-8457-053-3 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Sanxenxo exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Setembro de 2016 |
|
 |
|