- Favorecer procesos de integración social tanto persoal coma de grupo.
- Promover o cambio de actitudes e de conductas nos menores, interiorizando hábitos que permitan a súa eficaz incorporación social.
- Asesorar e orientar a menores e ás familias que así o soliciten ante problemas ou necesidades concretas.
- Dotar de estraxesias de afrontamento e recursos persoais ante situacións problemáticas e/ou de risco social que se ven favorecidas por factores que facilitan estas situacións
- Evitar o absentismo escolar.
- Evitar o internamento cando a problemática familiar non o faga estrictamente necesario, garantindo que o neno permaneza no seo da súa familia, restablecendo, fortalecendo ou creando os vínculos familiares dos menores.
- Educar para capacitar ó individuo nunha libre elección entre as diversas opcións que a vida actual lle ofrece.
- Garantirlles ós menores unhas mellores condicións de saúde, hixiene e nutrición.
- Facilitar a apertura do menor cara os demais e posibilitar que se relacione positivamente co seu entorno.
- Garantir o cumprimento dos obxectivos marcados polos distintos centros residenciais.
|