[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 30 DE XANEIRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Certame de bandas de música
Ligazóns

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
CULTURA 

Historial das agrupacións


Banda de Música de Lalín

Biografía do director

Marcel van Bree nace en Meijel (Holanda). Estudou no conservatorio superior de Tilburgo, onde obtivo os diplomas de clarinete (con Walter Boeykens) e dirección coas máximas cualificacións.

Proseguiu a súa preparación como director con Pierre Kuypers, E. García Asensio, Heinz Friezen e Gerald Brown.

Desde o seu traslado a Galicia (1992) é director do Conservatorio Profesional de Lalín, da súa Orquestra de Cámara e da Banda Municipal de Lalín. Tamén é director, desde a súa fundación no ano 2000, da “Banda Sinfónica de Galicia”, formada por músicos de toda Galicia e máis da Banda da Federación Galega.

Invítano regularmente para dirixir a Banda Municipal da Coruña e outras bandas de música en Galicia. Realiza transcricións para banda que xa foron publicadas e proximamente editará un libro sobre dirección e instrumentación.

Imparte programas de clarinete e dirección en colaboración coas bandas de música de Merza, Lalín, Arbo, Sober e os conservatorios de Lalín, Pontevedra e Ourense.

Historial da agrupación

A banda de Lalín, máxima representante da música de banda da comarca de Deza, estase a converter nos últimos anos na mellor embaixadora do patrimonio cultural lalinense. Fundada en 1942, competiu musicalmente con bandas do concello como as de Goiás, Bermés, Muimenta ou Palio, ata que en 1963 quedou reducida a só once músicos por mor da emigración da meirande parte dos seus compoñentes. Esta situación extraordinaria no seu transcorrer histórico rematou cando en 1975 un grupo de antigos músicos desta e doutras formacións decidiron crear a Banda dos Veteranos, da que en 1977 xurdiría a Banda Cultural de Lalín, que tivo como directores a Anxo Pereiro Cores, Antonio Quintairos Grande e Fernando Vázquez Arias. Xa en 1992, coincidindo coa chegada do seu actual director, o holandés Marcel Van Bree, e coa incorporación a esta agrupación dos alumnos do novo Conservatorio Municipal, a Banda cambiou o seu nome polo actual: de Banda de Lalín.

Ó longo destes anos foron moitas actuacións que se levaron a cabo, destacando, a nivel internacional, as viaxes a Bos Aires (1983), Lisboa (1987), a Venezuela (1985 e 2001). No ámbito nacional cómpre salientar as xiras realizadas por León, Burgos(1997), Barcelona, Andorra (1999), e o País Vasco (2001); as actuacións en teatros coma o Rosalía de Castro (A Coruña, 1999), o Principal (Santiago de Compostela, 1999 e 2002) en auditorios como o Luís Zarzuela de Valladolid (1994); e a participación en festivais e certames como o Festival Conmemorativo da RTVG (1991), o I Festival de Bandas de Ourense (1993), o certame de bandas organizado pola RTVG (1995), o I Certame Provincial de Bandas de Música Deputación Provincial de Pontevedra (2001), o VII Festival de Bandas de Loures (Portugal, 1997), o XXXI Certame Internacional de Bandas Vila d’Altea (Alacante 2002), ou o I Certame Internacional de Bandas e Concurso de Composición de Musica de Cine (Ribadeo, 2003).

Participando nalgún destes certames obtivo varios premios, entre os que destacan os primeiros premios conseguidos no XXXI Certame Internacional de Bandas de Vila d’Altea, no I Certame Provincial de Bandas de Música Deputación Provincial de Pontevedra e no I Certame Internacional de Bandas e Concurso de Composición de Música de Cine de Ribadeo.

Os 90 músicos que actualmente compoñen a agrupación, dirixíronos mestres do prestixio dos holandeses Johan de Meij (2003) e Henry Adams (1994, 1996 e 1998), e recibiron master class a cargo dos clarinetistas Andrew Marrier e Joan Enric Lluna (1996), Michelle Carulli e Vicente Alberola (1997), Lars Wouters (2002); os saxofonistas Andrés Gómix (1996); o percusionista Simón Levey (2000); o trompetista como Benjamín Moreno (1996); e o trombonista Jörgen van Rijen (2003).

O crecemento que esta formación está a ter nos últimos anos propiciou a creación en 1996 da Escola da Banda, na que, durante tres cursos lectivos, se pon en contacto coa música a aqueles rapaces e rapazas con inquedanzas musicais. Esta nova canteira de músicos contribúe a facer desta banda unha agrupación que, recibe o aplauso e o recoñecemento da crítica especializada.




Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/09/2004 08:22
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/