[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Certame de bandas de música
Ligazóns

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
CULTURA 

Historial das agrupacións


Banda de Música Xuvenil de Torroso

Biografía do director

Ángeles Lorenzo nace en Torroso (Mos) na primavera de 1997. Comeza os seus estudos musicais ós 6 anos e dous anos máis tarde matricúlase no Conservatorio Superior de Música de Vigo onde remata en 1999 obtendo o título de profesora superior de música na especialidade de frauta traveseira.

Realizou varios cursos, de pedagoxía e psicoloxía musical con Edwin Gordon), de musicoterapia, de musicoloxía con Joan Trillo, de informática musical, de frauta traveseira con Vicens Prats, Fernando Raña, Pierre Dumail e de dirección de bandas con Marcel Van Bree.

Dende moi nova formou parte de moitas agrupacións musicais de estilos diferentes como son: varios grupos de música tradicional galega, grupos fol, o grupo de cámara da Fundación Mayeusis, a banda sinfónica e a filharmónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo e outras.

Fíxose cargo da dirección da Banda Xuvenil de Torroso a finais do ano 2001, da que era compoñente dende a súa fundación.

Actualmente exerce como profesora de música, en educación secundaria no Colexio San José de Cluny e de frauta no Conservatorio Mayeusis, actividade que compaxina coa de impartir clase na escola de música de Mos, ademais de levar a súa dirección académica.

Historial da agrupación

Esta banda de música fundouse no ano 1987 por iniciativa do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, creándose inicialmente unha escola de música que contaba con máis de cen alumnos da zona.

Dada a cantidade de nenos e mozos con ganas de aprender e con ilusión por tocar algún instrumento, o centro decidiu afiliarse ó Conservatorio de Música de Ponteareas para poder impartir clases oficiais.

No ano 1989, baixo a dirección de Francisco Velasco, ex-profesor de vento-metal do Conservatorio de Música de Ponteareas, realízase a primeira actuación para ó público.

Un ano despois faise cargo da dirección José González que, tres anos máis tarde, lle deixará o seu lugar a Antonio Vázquez Raña (Tocho) ata 1998, data na que será director Carlos Tilve González deixando, a finais de 2001, o relevo a Ángeles Lorenzo Estévez que ata ese momento pertencía a banda de música.

Nos últimos anos a Banda de Música Xuvenil de Torroso leva o nome do Concello de Mos por toda a xeografía galega e portuguesa coas súas actuacións.

En 1995 realizou a súa primeira gravación para o programa “Luar”.

Tamén participou en varios certames de bandas de música, entre os que citamos:

  • I e II Certame de Bandas de Música Populares, organizado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo xunto coa Radio Galega en 1995 e 1996
  • VII Certame de Bandas de Música organizado polo Concello de Salceda de Caselas
  • Certame de Bandas de Música organizado pola Banda Popular de Tui
  • VI Festival de Bandas de Música de Xinzo 2000
  • IV Xuntanza de Bandas de Música Populares de Salcedo 2001
  • VII Encontro de Bandas de Música de Goián

Ademais dos citados anteriormente, participou noutros festivais organizados polas seguintes agrupacións:

  • Banda de Música de Antas de Ulla (Lugo)
  • Banda de Música Unión Musical de Cabral
  • Agrupación Musical Atlántida de Matamá

A Banda Xuvenil de Torroso estivo tamén presente no I e no III Certame Provincial de Bandas de Música Deputación Provincial de Pontevedra, conseguindo neste último o terceiro premio da terceira sección.

Cómpre destacar tamén a participación no Certame de Bandas de Música de Torroso que se inicia en 1999 e que se organiza en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares e o Concello de Mos.




Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/09/2004 08:04
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/