[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 30 DE XANEIRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Certame de bandas de música
Ligazóns

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
CULTURA 

Historial das agrupacións


Banda de Música de Catoira

Biografía do director

Xosé Carlos Serán Oliveira nace en Ribeira, A Coruña, en 1962, aínda que a súa vida persoal se desenvolve en Xuño - Porto do Son (A Coruña). Comeza a súa andadura musical ós once anos de idade.

Ós vinte pasa a formar parte do Corpo de Bandas de Música da Armada, destinado na Banda de Música do Tercio Norte de Ferrol. Ós vintecatro gaña por oposición libre a praza de tuba na Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela.

É fundador de Escola de Música Municipal de Catoira,1988. Grupo de Metais de Santiago de Compostela. Banda de Música Municipal de Catoira, 1989. Cuarteto de tubas Euphonium,1993. Banda Sinfónica de Galicia,1994. Grupo de Metais de Galicia, 1995. Solfa, Asociación Cultural-Musical,1997. Banda Filharmónica de Galicia, 2000. Escola Municipal de Música de Santiago. Escola Municipal de Música de Ames.

Foi invitado pola Xove Orquestra Nacional de España para asistir ó I Curso de Tuba que tivo lugar en Santiago en xullo de 1990 impartido polo mestre Harvey G. Philips.

Colaborou nos Concertos Pedagóxicos para Xóvenes, que tiveron lugar no Auditorio de Galicia, durante os cursos 1990-91 e 1991-92.

Entre os anos 1992 e 1999 foi profesor e vicedirector no centro autorizado de Ensino Musical “Martín Millán” de Vilagarcía de Arousa.

Impartiu de 1994 a 1997 o 1º, 2º, 3º e 4º Curso pedagóxico para instrumentos de metal en Bandeira (Silleda) e o 1º Curso de vento-madeira no Conservatorio de Grao Medio de Lalín (Pontevedra) en 1995.

En maio de 1996 gaña na Estrada (Pontevedra) o 1º premio de Bandas de Música Populares (GALIMUSIC’96) dirixindo a Banda de Música Municipal de Padrón.

Entre 1992 e 1999 foi profesor e vicedirector no Centro Autorizado de Ensino Musical “Martín Millán” de Vilagarcía de Arousa.

É nomeado para ocupar unha praza de profesor asociado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

É nomeado para ocupar unha praza de profesor asociado, convocada por resolución rectoral de 21.03.00, na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Ingresa mediante proba de acceso no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid no curso 1999-2000, na especialidade de dirección de orquestra, que remata no curso 2001-2002.

En marzo de 2001 queda finalista no “III Concurso Nacional de Composición de Marchas Procesionais para la Semana Santa de Málaga” coa obra Hermandad Malacitana.

Realizou concertos fóra das nosas fronteiras como é o caso de Monçao (Portugal), onde participa no II Festival Ibérico de Bandas de Música, ou Frederikssund (Dinamarca), onde realizou un importante intercambio cultural, actuando en diversos lugares como a Embaixada de España en Dinamarca na fermosa cidade de Copenhague.

No ano 2001 queda finalista no Día da Música Xove, xuventude 2001, na localidade de Sada (A Coruña), patrocinado pola Xunta de Galicia, dirixindo a Banda de Música de Catoira.

No ano 2002 acada o 3º premio no II Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra, conseguindo no ano 2003 o 1º Premio e Mención de Honra no III Certame provincial coa mesma banda.

É socio da SGAE (Sociedade General de Autores e Editores de España).

Dirixiu as corais: Raíces de Catoira (1987-1990). Polifónica de Noia (1988-1991). Baldomar de Boiro (1990-1993).

Participou nos cursos de perfeccionamento de metais cos mestres: Miguel Torres, catedrático do Conservatorio Superior de Música de Murcia e trompa solista da ONE. Enrique Ferrando, trombón solista da ONE, Walter Rand Stormont, tuba solista da “Orquesta Sinfónica de Madrid”. Harvey Philiphs, catedrático da Universidade de Indiana (EEUU). Mel Culbertson, catedrático do Conservatorio Superior de Música de Lyon (Francia). Miguel Navarro, tuba solista da ONE.

Asiste a cursos de dirección de orquestra con: Hernie Adams, director da Banda de Música de Buñol (Valencia, 1994, 1996 e 1998). Aldo Ceccato, director da ONE (1993). Helmut Rilling, director da Bahakademie de Stutgart (1992, 1994, 1998 e 2001). Marcel van Bree, director do conservatorio e da Banda de Música Cultural de Lalín (1996). Francisco Grau, director da Banda de Música do Rei (1998). Bernardo Adam Ferrero (1997). Francisco Hernández Silva, director da Wiener Mozart Orchester (2001,2002).

Realiza cursos de composición con: Tristán Murail (1996). Magnus Linberg (1997). Antón García Abril (2000 e 2001).

Está en posesión dos títulos de: profesor superior de dirección de orquestra, tuba, solfexo, harmonía, diploma elemental de piano e o certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP).

É socio da SGAE (Sociedad General de Autores y Editores de España), onde ten rexistradas máis de 50 composicións e transcricións para coro, música de cámara e banda de música.

Na actualidade é tuba solista e xerente da Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela, solista da Banda Sinfónica de Galicia, do Grupo de Metais de Galicia e director da Escola de Música Municipal de Catoira e da Escola de Música da Asociación Musical-Cultural Solfa. Tamén dirixe a Banda de Música de Catoira, a Banda de Música Municipal de Padrón e a Banda Filharmónica de Galicia.

Entre os seus últimos proxectos atópase a estrea no Auditorio de Galicia, na temporada 2003/2004, da presentación de “A Historia do Soldado” de Igor Stravinsky, nunha adaptación ó galego en forma de conto didáctico con representación teatral.

Así mesmo, no mes de xuño deste ano, realizou un concerto no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela coa Banda Filharmónica de Galicia e con corais de Compostela, onde reunirá preto de 250 persoas no escenario interpretando, entre outros, fragmentos de Carmina Burana, a Terceira Sinfonía de James Barnes ou a Negra Sombra de Xoan Montes.

Historial da agrupación

Por iniciativa do Concello de Catoira créase a Escola Municipal de Música en 1988 e, froito dela, aparece a banda de música, que dá o seu primeiro concerto o 6 de xaneiro de 1990. Dito concerto ten lugar ano tras ano desde aquela data, sendo sen dúbida o acontecemento musical estable máis importante que se produce en Catoira.

A escola municipal de música, de titularidade pública, está inscrita no rexistro de Escolas de Música Municipais da Xunta de Galicia. Nace como un proxecto educativo para servir de complemento á educación dos mozos catoirenses.

A súa educación musical baséase en clases individuais de instrumento, clases colectivas, audicións, grupos de cámara, ensaios por grupos instrumentais e ensaios xerais, que máis tarde se leva á práctica con concertos dentro e fóra do concello.

A Escola conta na actualidade con preto de 100 alumnos e, froito deste traballo, moitos dos seus mestres proceden da propia escola.

As ensinanzas musicais que reciben son: linguaxe musical, música activa, coro, harmonía e música de cámara. E na especialidade instrumental: frauta, óboe, clarinete, saxofón, trompeta-fliscornio, trompa, trombón-bombardino, tuba e percusión. Son os seus fundadores Valentín Rey e Xosé Carlos Seráns, este último director da escola e da banda na actualidade.

A Banda de Música de Catoira actúa como invitada na XV Semana Musical de Noia e no 3º Festival de Música Sacra de Boiro, acompañando á coral Polifónica de Noia e á de Baldomar de Boiro.

Tamén realiza numerosos concertos didácticos: instituto Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa), instituto de FP (Marín), Universidade de Santiago de Compostela, igrexa de San Martiño (Noia), CPI Progreso de Catoira, Universidade da Coruña, CSC das Fontiñas (Santiago de Compostela) etc.

É seleccionada para o 1º e 2º Certame Galego de Bandas Populares de Música convocado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e gravado pola TVG. Participa tamén na programación de “Galicia nos sentidos”, patrocinada pola Xunta de Galicia.

A Banda de Música de Catoira actuou en numerosos puntos da xeografía galega, tanto en festas populares como realizando intercambios de carácter cultural, e incluso fóra das nosas fronteiras como é o caso de Monçao (Portugal), onde participa no II Festival Ibérico de Bandas de Música; en Frederikssund (Dinamarca), no cal realizou un importante intercambio cultural, e na embaixada de España en Dinamarca na fermosa cidade de Copenhague.

Realiza varias gravacións para programas da TVG.

No ano 2001 queda finalista no Día da Música Xove, Xuventude 2001, na localidade de Sada (A Coruña), patrocinado pola Xunta de Galicia.

Acada o 3º premio no II Certame Provincial de Bandas de Música Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2002.

No ano 2003 consegue o 1º premio e mención de honor no III Certame Provincial de Bandas de Música Deputación Provincial de Pontevedra.




Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/09/2004 07:39
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/