[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Certame de bandas de música
Ligazóns

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
CULTURA 

Saúda do Presidente

A Deputación de Pontevedra, que teño a honra de presidir, está a apostar con convencemento para consolidar este Certame Provincial de Bandas de Música que iniciou a súa andaina en 2001 e que xa está a ser converter nunha cita senlleira no panorama musical galego.

Este o noso premio de bandas de música é moito máis cá un concurso musical. É tamén o máis importante encontro de músicos e de agrupacións da nosa provincial. Xente nova, na súa meirande parte, que vive con intensidade e ledicia as tres xornadas de convivencia musical –unha das máis recoñecidas concentracións de músicos de Galicia- que a institución provincial organiza no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O universo das bandas de música forma parte das imaxes e dos sons que configuran a nosa memoria colectiva, o noso presente como pobo. As bandas foron e seguen a ser auténticas escolas populares de música, accesibles para todos. Na nosa provincia, en concreto, podemos gabarnos de contar coa escena máis relevante de Galicia no que a músicos e número de bandas se refire e, incluso, coido que estou no certo se engado que, xunto coa recoñecida escuadra valenciana, as agrupacións pontevedresas forman parte da elite das bandas de música españolas.

Non podía a Deputación de Pontevedra senón potenciar este campo da nosa cultura e velaí esta cuarta edición do Certame Provincial de Bandas de Música, na que participarán 26 agrupacións de toda a provincia e 1.500 intérpretes de catro categorías distintas. A vontade divulgativa e de darlle pulo á cultura galega atópase tamén na escolla dos autores das pezas obrigatorias que interpretarán as bandas de música, Luis Arraque, Xavier Comesaña e Roxelio Groba. No caso da obra composta por Comesaña, trátase dunha peza inédita que edita o Servizo de Publicacións desta institución, que lles fará chegar a todas as bandas de música que forman parte do Plan Cultural Provincial.

Tampouco podo rematar estas liñas sen amosar o meu agradecemento a Caixa Galicia pola súa colaboración incondicional nesta iniciativa, así como á Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Musical Pontevedra pola súa participación nos premios deste o noso, o voso, Certame Provincial de Bandas de Música.

Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra




Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/09/2004 22:44
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/