DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
DÚAS BECAS DE LICENCIADOS EN LETRAS PARA O ARQUIVO BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
ADXUDICACIÓN
20.12068.- |
ADXUDICACIÓN DE DÚAS BECAS DE LICENCIADOS EN LETRAS PARA O ARQUIVO BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL |
De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora de dúas becas de Licenciados en letras con destino ó Arquivo-Biblioteca da Deputación Provincial, aprobadas por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 17 de marzo de 2004, acórdase por unanimidade adxudicar estas becas a Dona Mª del Carmen Fariñas Fernández e Dona Mª Ángeles Baltar Pascual, por importe de 841,40 euros/mes, con efectos de 1 de xuño de 2004 e por un período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións e por acordo da Xunta de Goberno.
Ditas cantidades imputaranse á partida 04/454.451.481.01 do orzamento provincial.
A aceptación e disfrute desta beca non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito becario ó citado organismo.
Así mesmo, e tendo en conta a proposta da Comisión seleccionadora, desígnanse como suplentes en caso de renuncia, a D. José Ramón López Fernández e Dona Marta Lucio Gómez, por esta orde.
Pontevedra, 28 de maio do ano 2004
|