[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2013
Contratacións
Ano 2012
Contratacións
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Plan emprego 2012
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2012
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

Páxina [1] 2 3
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DE 74 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS EN CENTROS E SERVIZOS DEPENDENTES DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Bases | Anexo I
Anexo II | Anexo III
Instruccións para cubrir o modelo de solicictude
Listas provisionais | Formulario de reclamación
Listas de admitidos definitivas e datas de entrevistas
Rectificación das listas de admitidos

Bases

Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 21 de decembro do ano 2012, acordou aprobar a convocatoria de 74 bolsas de práctica laboral nas diferentes liñas de actuación que se desenvolven en Centros dependentes deste organismo Provincial, que se rexerá polas seguintes:

PRIMEIRA. OBXECTO

Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 74 bolsas de práctica laboral destinadas a mozos TITULADOS UNIVERSITARIOS, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES

Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos relacionadas no Anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público.
  6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non haber estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización.
  7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
  8. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
  9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA

Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes por beneficiario, cantidade que se imputará ás aplicacións orzamentarias 13/921.920.481.01, e 13/921.920.160.03. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza.

CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial ANEXO II, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Na instancia farase constar a bolsa solicitada, por centro e titulación, e o número de expediente. Á mesma achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa./li>
  2. Certificado de empadroamento.
  3. Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data que remate o prazo para presentar as solicitudes.
  4. Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado polo R.d. 1267/94 ou o R.d. 1125/03, para a súa valoración na fase de concurso.
  5. Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente ó nivel Celga IV.
  6. Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa.
  7. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada da persoa solicitante conforme cumpre este requisito.
  8. Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  9. Declaración xurada de non ter sido beneficiario con anterioridade de ningunha outra bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra, nin en calquera dos entes, organismos ou entidades integrantes do sector público.
  10. Declaración xurada conforme se está disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.

2. Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula.

QUINTA. EMENDAS

1. Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Deputación ditará unha resolución na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra.

2. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producírense reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que se publicará na web e no taboleiro de anuncios da Deputación.

SEXTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN

Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: o da Deputación de Pontevedra ou o persoa en quen delegue.
  • Vogais: un deputado provincial ou persoa en quen delegue, a xefa do Servizo de Recursos Humanos ou a persoa en quen delegue e un/ha funcionario/a técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra.
  • Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue.

SÉTIMA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS

1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos, e a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase.

2. PRIMEIRA FASE: BAREMO DE MÉRITOS: Os méritos acreditados polos interesados serán valorados conforme ós seguintes criterios:

  1. Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado polo R.d. 1267/94 ou o R.d. 1125/03, valorarase con 0,00 puntos.
  2. Por ter realizado cursos universitarios de posgrao, doutorado ou máster cunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa, 0,50 puntos/máster, posgrao ou doutorado, ata un máximo de 1,5 puntos.
  3. Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,50 puntos.
  4. Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,40 puntos.
  5. Por transcorrer entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,30 puntos.
  6. Por transcorrer menos de dous anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,20 puntos.
  7. Por estar empadroado nun municipio da provincia de Pontevedra con anterioridade ó 1 de xaneiro do ano 2012: 3,00 puntos.
  8. Por estar empadroado nun municipio doutra provincia da Comunidade Autónoma de Galicia: 1,00 punto.
  9. Por estar empadroado fóra da Comunidade Autónoma de Galicia: 0,50 puntos.

As puntuacións outorgadas serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web, con ó menos cinco días hábiles de antelación á data en que se celebrará a entrevista.

3. SEGUNDA FASE: ENTREVISTA PERSOAL: A entrevista terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e realizarase unicamente cos candidatos que alcancen a maior puntuación total na fase de concurso nunha porcentaxe que represente o 15% dos aspirantes admitidos (se son inferiores a 100), o 10% (de seren superiores a 100 e inferiores a 200), o 8% (de seren superiores a 201 e inferior a 300) ou o 5% (de seren superior a 301), podendo ampliarse esta porcentaxe de estimarse conveniente.

Por Resolución da Presidencia convocarase ós candidatos para a entrevista persoal, nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan no lugar e día sinalado.

A entrevista versará sobre o seu currículo e permitirá comprobar a preparación dos candidatos nas materias relacionadas coas actividades que se van desenvolver no centro de destino.

A entrevista será valorada de cero a tres puntos.

4. En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola residencia no centro de traballo e, en segundo lugar, pola maior puntuación alcanzada na nota media global do expediente académico.

5. Despois de rematar as entrevistas e no prazo máximo dun mes, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e a proposta de adxudicación xunto coa relación de candidatos seleccionados por orde decrecente, indicando os candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes.

OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS.

Establécense as seguintes condicións xerais:

1. As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente, e poderán ser prorrogados por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula novena destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria.

2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza.

3. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do centro ou entidade onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro.

4. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa entidade na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial.

5. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas.

NOVENA. XUSTIFICACIÓN DA BOLSA

Antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga.

DÉCIMA. RENOVACIÓN DA BOLSA

1. A solicitude da prórroga da bolsa deberá dirixirse ó Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra cun mes de antelación a súa finalización, xunto coa memoria e informe indicados na base anterior.

2. O Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra por acordo da Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos da Deputación de Pontevedra, resolverá esta solicitude, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado polo bolseiro.

DÉCIMO PRIMEIRA. REVOGACIÓN E REINTEGRO DA BOLSA

O Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra poderá, en calquera momento, mediante unha resolución motivada, revogar a bolsa a persoa adxudicataria se non cumpre debidamente as condicións esixidas nestas bases, ou as normas xerais de funcionamento do organismo, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e suspendendo o aboamento da bolsa.

De concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, corresponderá o reintegro total cando beneficiario incumpra total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa.

DÉCIMO SEGUNDA. SUSPENSIÓN

1. No caso de enfermidade, debidamente xustificada que impida o desenvolvemento da bolsa de práctica laboral, acreditada mediante certificado médico, poderá acordarse unha suspensión temporal desta, por un período máximo dun mes. Se transcorrido este prazo non se incorpora a persoa beneficiaria, resolverase a bolsa e procederase a súa provisión, no seu caso, segundo a orde establecida na relación de suplentes. A suspensión implicará a interrupción da dotación económica, debendose restablecer o seu aboamento coa continuidade das actividades de práctica laboral. O período de suspensión da bolsa non será contabilizado como período de goce.

2. No caso de maternidade, adopción ou acollemento, tanto permanente coma preadoptivo, poderá autorizarse a suspensión da bolsa polo período previsto legalmente na normativa laboral. Unha vez transcorrido, a bolsa prorrogarase por un período igual ó da suspensión, restablecéndose o aboamento da cantidade correspondente.

DÉCIMO TERCEIRA. RENUNCIA

No caso de renuncia á bolsa, a persoa adxudicataria deberá presentar no Rexistro Xeral a correspondente solicitude dirixida ó Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra, quen poderá adxudicar a bolsa que quede vacante ó candidato suplente polo período restante, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección.

DÉCIMO CUARTA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN

Transcorridos seis meses desde o final do proceso selectivo, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo.

DÉCIMO QUINTA. DEREITOS SUPLETORIOS

A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, á Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 26 de decembro de 2012


Boletín Oficial da Provincia, data 02/01/2013, número 1, páxina 10, anuncio 2012012187.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/04/2013 15:15
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/