[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Concurso de Rondallas
Bienal Internacional de Arte
Certame novos valores
Certame de bandas de música
Concursos zonais de bandas
Exposición da camelia
Festival Bandas
Festivais de Corais
Festival Habaneras
Ligazóns

CULTURA 

Deputación de Pontevedra

I CONCURSO DE CONTO INFANTIL ILUSTRADO CONTANDO HISTORIAS

Anuncio | Modelo solicitude adultos
Modelo solicitude nenos

Anuncio

O Presidente desta Deputación Provincial, mediante resolución presidencial núm. 12736 de data 11 de outubro de 2012, aprobou as seguintes bases:

A Deputación de Pontevedra, a través do seu Servizo de Cultura e en colaboración co OAL Museo de Pontevedra, convoca a primeira edición do concurso de conto infantil ilustrado en lingua galega Contando Historias.

No ámbito das sensacións, unha obra de arte, un obxecto etnográfico ou unha peza histórica das conservadas nun museo poden espertar a imaxinación e a curiosidade dos que os contemplan. ¿Quen tocou ese violín? ¿Por que foi creada esa escultura? ¿Quen forxou esa espada e en que circunstancias se brandiu? ¿Que historia se esconde tras a escena representada nese cadro?... miles de incógnitas que, nalgunhas ocasións, son difíciles de desvelar. Igualmente, o propio Museo, os seus edificios, poden dar pé a tantas historias como décadas, mesmo séculos, e personaxes os contemplaron e habitaron.

Estas son algunhas das historias e das incógnitas que este concurso busca que os autores participantes plasmen, de maneira plástica e á vez literaria. O obxectivo é estimular e premiar a creación literaria e artística de todas aquelas persoas que, residindo en Galicia, queiran participar desta iniciativa; á vez, achegarlle o Museo de Pontevedra e as pezas que nel se conservan á cidadanía, dunha maneira orixinal e diferente. Este concurso, nas súas dúas modalidades, autores infantís e autores adultos, rexerase polas seguintes bases:

BASES DO CONCURSO DE CONTO INFANTIL ILUSTRADO. CREADORES INFANTÍS

1 O OAL Museo de Pontevedra e as súas coleccións constituirán a temática do conto infantil ilustrado. Os creadores que queiran participar tecerán unha historia, novelada e ilustrada, sobre unha peza ou varias, un personaxe relevante na historia do Museo ou algún dos edificios que o integran, podendo todo iso ir mesturado.

2. Este concurso está destinado ós ciclos de primaria de todos os colexios da provincia de Pontevedra. Entenderase como participante (unidade de participación) unha clase completa.

3. As categorías deste concurso serán tres: primeiro ciclo de primaria, segundo ciclo de primaria e terceiro ciclo de primaria. Cada colexio poderá participar cun máximo de dous contos por categoría.

4. Cada participante/clase presentará un único conto ilustrado, orixinal, inédito, redactado en lingua galega e anónimo. A súa extensión non superará os 10 folios, con formato A4 ou A3, escrito e/ou ilustrado por unha soa cara. O texto e as ilustracións serán complementarios, e as ilustracións realizaranse coa técnica pictórica que os debuxantes estimen oportuno.

5. Os colexios interesados remitirán 5 copias, en soporte papel, de cada conto, nas que unicamente constarán o título da obra, o pseudónimo da clase participante e a categoría á que se presenta, xunto coa correspondente instancia, que poderá descargarse tanto da páxina web da Deputación coma da do Museo de Pontevedra.

6. As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral desta institución:

  • Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
  • Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)
  • E nos rexistros da Administración Xeral do Estado, da Comunidade Autónoma así como nos demais establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Nas correspondentes instancias farase constar: os datos do centro (denominación, enderezo e teléfono), o título da obra, o pseudónimo da clase, a categoría á que optan, o nome do profesor responsable da clase e o nome completo dos alumnos participantes. En cada conto unicamente constarán o título, o pseudónimo da clase participante e a categoría á que se presenta.

7. O prazo de presentación das obras comezará a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de novembro de 2012.

8. A selección e a proposta de concesión dos premios encomendaráselle a un xurado integrado polos seguintes membros:

  • Presidente: o titular da Deputación ou deputado en quen delegue
  • Vogais: tres membros expertos na materia
  • Secretario: o titular da Corporación ou funcionario en quen delegue

Este xurado non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolverá as incidencias que se presenten e as súas decisións serán inapelables.

9. O xurado valorará de maneira conxunta a calidade literaria e plástica dos contos.

10. O premio para calquera das categorías do concurso poderá ser declarado deserto se o xurado así o estima.

11. A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que pasará a coñecemento do presidente ou do órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.

Esta decisión publicarase nas webs da Deputación e do Museo de Pontevedra e comunicarase por escrito ós colexios gañadores.

12. Os premios consistirán en:

  1. A publicación conxunta dos tres contos gañadores, un de cada categoría, que serán distribuídos pola Deputación. Nos créditos desta publicación aparecerá o nome dos autores, dos seus profesores e do colexio ó que pertencen. Cada un dos nenos premiados recibirá un obsequio.
  2. O colexio dos gañadores recibirá un premio por importe de 500 euros, que deberá ser investido no material escolar que o centro considere oportuno. Os colexios xustificarán, con facturas, as compras realizadas con esta cantidade nun prazo máximo de seis meses inmediatamente posterior á recepción do premio.

O importe dos premios financiarase con cargo á aplicación 12/330.334.481.01 do vixente orzamento provincial.

13. A entrega dos premios realizarase no lugar que determine o presidente da Deputación, nun acto público ó que asistirán os membros do xurado.

14. As obras premiadas pasarán a ser propiedade da institución provincial.

15. De entre as obras non premiadas a Deputación reservarase o dereito de publicar na páxina web do Museo de Pontevedra aquelas que estime oportunas; esta decisión comunicarase ós centros nun prazo máximo de 15 días tras a publicación do ditame do xurado. As restantes obras poderanas recoller os seus autores nun prazo máximo de 15 días a contar a partir dos 15 seguintes á publicación do ditame.

16. A presentación ó concurso implicará a aceptación de todos os puntos destas bases.

BASES DO CONCURSO DE CONTO INFANTIL ILUSTRADO. CREADORES ADULTOS

1. O OAL Museo de Pontevedra e as súas coleccións constituirán a temática do conto infantil ilustrado. Os creadores que queiran participar tecerán unha historia, novelada e ilustrada, sobre unha peza ou varias, un personaxe relevante na historia do Museo ou algún dos edificios que o integran, podendo todo iso ir mesturado.

2. Poderán presentarse a este concurso todas aquelas persoas residentes en Galicia maiores de 16 anos.

3. A participación no concurso poderá ser individual ou en parella (o autor das ilustracións máis o autor do texto). Neste último caso, ambos os dous contarán como unha unidade de participación.

4. Cada participante poderá presentar un único conto infantil, orixinal e inédito, redactado en lingua galega e anónimo. A súa extensión non superará os 20 folios escritos e/ou ilustrados por unha soa cara, e o seu formato será libre. O texto e as ilustracións serán complementarios, e as ilustracións realizaranse coa técnica pictórica que os debuxantes estimen oportuno.

5. Os participantes remitirán 5 copias, en soporte papel, de cada conto, nas que unicamente constarán o título da obra e o pseudónimo. Cada conto remitirase xunto coa correspondente instancia, que poderá descargarse tanto da páxina web da Deputación coma da do Museo de Pontevedra.

6. As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral desta institución:

  • Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
  • Sede de Vigo: rúa O Porto, 3 (de luns a venres)
  • E nos rexistros da Administración Xeral do Estado, da Comunidade Autónoma así como nos demais establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.<(li>

Na instancia farase constar os datos do autor ou autores, o título da obra e o pseudónimo co que participan.

7. O prazo de presentación das obras comezará a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de novembro de 2012.

8. A selección e a proposta de concesión dos premios encomendaráselle a un xurado integrado polos seguintes membros:

  • Presidente: o titular da Deputación ou deputado en quen delegue
  • Vogais: tres membros expertos na materia
  • Secretario: o titular da Corporación ou funcionario en quen delegue

Este xurado non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolverá as incidencias que se presenten e as súas decisións serán inapelables.

9. O xurado valorará de maneira conxunta a calidade literaria e plástica dos contos.

10. O premio poderá ser declarado deserto se o xurado así o estima.

11. A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que pasará a coñecemento do presidente ou do órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.

Esta decisión publicarase nas webs da Deputación e do Museo de Pontevedra e comunicaráselles por escrito ós gañadores.

12. As obras premiadas pasarán a ser propiedade da institución provincial.

13. Os premios consistirán en:

  1. 1º premio, dotado con 1.000,00 €
    2º premio, dotado con 600,00 €
  2. Ambos os contos publicaraos e distribuiraos a Deputación, e os autores premiados recibirán 10 copias do seu conto publicado.

O importe dos premios financiarase con cargo á aplicación 12/330.334.481.01 do vixente orzamento provincial.

14. A entrega dos premios realizarase no lugar que determine o presidente da Deputación, nun acto público ó que asistirán os membros do xurado.

15. A presentación ó concurso implicará a aceptación de todos os puntos destas bases.

Pontevedra, 15 de outubro de 2012
O XEFE DO SERVIZO

Boletín Oficial da Provincia, data 18/10/2012, número 201, páxina 18, anuncio 2012009696.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/10/2012 12:23
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/