[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Ordenanzas 2009
Ordenanzas 2010
Ordenanzas 2011
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2009 

Ordenanza reguladora da taxa polos
servizos de ensinanza que se imparten
na Escola de Canteiros

ARTIGO 1. NATUREZA E FUNDAMENTO

    O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LRBRL) e o artigo 132 do RDL 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do TRLRHL, así como o disposto no artigo 23.5 dos Estatutos do organismo autónomo, acorda a imposición e ordenación da taxa polos cursos de ensinanza que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúen o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos de ensinanza que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra, que son os seguintes:
    • Curso completo de cada un dos cursos orientados a obter os titulos de canteiro ou de mestre canteiro.
    • As disciplinas soltas que se determinan na tarifa desta taxa
    • Calquera outro tipo de formación relacionada coa cantería

    Non están suxeitos a esta taxa os cursos ocasionais que poida organizar a escola como complemento á formación que se imparte nela. Nestes cursos poderanse cobrar dereitos de inscrición, que se determinarán na propia convocatoria de cada curso, previa aprobación polo órgano competente.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

    Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas que soliciten a matriculación en calquera dos cursos, disciplinas (ou disciplinas) ou calquera outro tipo de formación que se imparte na escola.

ARTIGO 4. RESPONSABLES

  1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.
  2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos,sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se sinalan no artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA

    A cota desta taxa será a que figura no anexo desta ordenanza.

ARTIGO 6. BENEFICIOS FISCAIS

    Establécense para estudantes oficiais da Escola pertencentes a familias numerosas as seguintes bonificacións:
    • -Do 50 por cento para estudantes pertencentes a familias numerosas de categoría xeral.
    • -Do 100 por cento a estudantes pertencentes a familias numerosas de categoría especial.

ARTIGO 7. DEVENGO

    Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se solicite a matriculación en calquera dos servzios de formación que se prestan na escola.

ARTIGO 8. LIQUIDACIÓN

    No momento de realizar o ingreso na entidade financeira correspondente, seguindo o sistema de autoliquidación.

ARTIGO 9. INGRESO

    O pagamento desta taxa realizarase durante o período establecido pola escola para a matriculación nos cursos oficiais, en todo caso, antes de iniciarse o curso.

    O ingreso efectuarase na conta da entidade financeira que a escola indique.

ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e na normativa de desenvolvemento.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

    A xestión e a recadación desta taxa realizaraas o organismo autónomo. Así mesmo, os ingresos que se obteñan coa aplicación desta taxa aplicaranse a financiar o orzamento do organismo autónomo.

DISPOSICIÓN FINAL


    Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte ó da publicacióndo texto íntegro dos artigos modificados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/01/2012 14:57
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/