[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura » Plan Cultural » Plan Cultural 2012
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Plan Cultural 2013
Plan Cultural 2012
Plan Cultural 2011
Plan Cultural 2010
Plan Cultural 2009
Plan Cultural 2008
Plan Cultural 2007
Plan Cultural 2006
Plan Cultural 2005
Plan Cultural 2004
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

PLAN CULTURAL 2012 

Deputación de Pontevedra

Plan Cultural 2012

Bases | Solicitude de inclusión
Solicitude de grupos | Catálogo de grupos

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

PLAN CULTURAL 2012
B A S E S

1.- OBXECTO
A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o Plan Cultural mediante o cal retribuirá ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do ano 2012 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, coas contías que se establecen para este fin na base 7, e que se imputarán con cargo á aplicación 12/330.334.226.09 do orzamento provincial.

2.- DESTINATARIOS
Co fin de contribuír á difusión e á promoción da música, o folclore, o teatro, a danza e demais manifestacións artísticas, poderán solicitar a inclusión neste Plan Cultural as seguintes agrupacións provinciais: bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc.

3.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, acompañadas da documentación prevista na base 8ª e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación:

  • Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
  • Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres) ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 31 de xaneiro de 2012.

As agrupacións carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo.

4.- DOCUMENTACIÓN
Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación:

  1. Fotocopia do CIF da entidade
  2. Certificación da conta bancaria
  3. Relación nominal de compoñentes e DNI
  4. Fotografía da agrupación en formato dixital

De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que presentarse se xa se entregou no Servizo de Cultura desta Deputación nos últimos cinco anos e sempre que non houbera variación nela.

5.- CLASIFICACIÓN
As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira:

  1. BANDAS DE MÚSICA, as que teñan:
    1. un mínimo de 70 membros e unha escola de música
    2. un mínimo de 50 membros
    3. mínimo de 35 membros
    • Ademais da documentación requirida na base 4ª deberán presentar:
      a relación de alumnos e de profesorado da escola de música, facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial.

  2. MASAS CORAIS, as que teñan:
    1. un mínimo de 50 membros
    2. un mínimo de 30 membros

  3. GRUPOS FOLCLÓRICOS, os que teñan:
    1. 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc.
    2. 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile
    3. 16 membros e grupo instrumental propio
    Ademais da documentación requirida na base 4ª deberán presentar:
    • a relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI
    • a relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI
    • a relación de alumnos da escola de baile

  4. TEATRO

    Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar:

    • a programación para desenvolver e o custo da montaxe

  5. MÚSICA CLÁSICA
    1. Grupo A: grupos de cámara
    2. Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos
    3. Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento)

  6. MÚSICA TRADICIONAL E OUTROS

    Bandas de gaitas, grupos de gaitas, grupos folk, roldas, pandereteiras, animación infantil, baile moderno, humoristas, poetas, etc.

6.- SELECCIÓN
A selección e inclusión dos grupos peticionarios levarase a cabo polo Servizo de Cultura, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva.

7.- RETRIBUCIÓN
Cada actuación retribuirase cos seguintes importes:

TIPO DE GRUPOImporte/€
BANDAS DE MÚSICA (A) 600,00 €
BANDAS DE MÚSICA (B) 500,00 €
BANDAS DE MÚSICA (C)450,00 €
MASAS CORAIS (A) 270,00 €
MASAS CORAIS (B) 240,00 €
GRUPOS FOLCLÓRICOS(A) 270,00 €
GRUPOS FOLCLÓRICOS (B) 210,00 €
GRUPOS FOLCLORICOS (C) 170,00 €
GRUPOS DE TEATRO (A) 500,00 €
GRUPOS DE TEATRO (B) 375,00 €
MAXIA 300,00 €
CLÁSICOS (A) 240,00 €
CLÁSICOS (B) 210,00 €
ORQUESTRAS CLÁSICAS 340,00 €
BANDAS DE GAITAS 240,00 €
GRUPOS DE GAITAS 170,00 €
GRUPOS FOLK 270,00 €
PANDEIRETEIRAS 240,00 €
ROLDAS 240,00 €
OUTROS GRUPOS
ANIMACIÓN INFANTIL210,00 €
BAILE MODERNO 210,00 €
BALLET 240,00 €
CANTAUTORES 210,00 €
GRUPOS DE PLAYBACK 210,00 €
GRUPOS MÚSICO-VOCAL 210,00 €
HUMORISTAS 210,00 €
MAJORETTES 210,00 €
OUTROS FOLCLORES 210,00 €
POETAS 210,00 €
GRUPOS DE POP-ROCK 210,00 €

8.- SOLICITUDES DAS ACTUACIÓNS
As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para concretar a data da actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou a escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún.

As solicitudes para as actuacións destes grupos realizaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración.

Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención, na propaganda e na publicidade oral e escrita que confeccionen, do patrocinio do acto por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada.

9.- OBRIGAS DAS AGRUPACIÓNS
As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia e, soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio.

10.- PAGAMENTO
O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo Servizo de Cultura, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data da actuación, quedando sen efectos se transcorre o dito prazo.

Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF facilitado por Facenda.

Os solistas e as agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas) e a lexislación de desenvolvemento.

11.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS
A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios e porcentaxes:

  • Adecuación da actuación ó interese provincial 40%
  • Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20%
  • Número posible de beneficiarios do evento 20%
  • Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20%

As agrupación acollidas a este Plan Cultural realizarán un máximo de dez actuacións anuais. Non obstante, ó longo do ano poderán autorizarse aquelas que por circunstancias excepcionais sexan necesarias e imprescindibles para o bo desenvolvemento do acto.

12.- VIXENCIA
O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2012, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.

13.- DEREITO SUPLETORIO
Para o non establecido nas presentes bases serán de aplicación as bases de execución do orzamento provincial e demais lexislación aplicable

Pontevedra, 23 de decembro de 2011
O Xefe do Servizo
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 29/12/2011, número 249, páxina 19, anuncio 2011012530.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/05/2012 13:07
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/