CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA LICENCIADOS EN LETRAS CON DESTINO Ó SERVICIO DE ARQUIVO-BIBLIOTECA E PUBLICACIÓNS DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL.
PUBLICADO NO BOP CON DATA 07-11-2003 - CORRECCIÓNS O 11-11-2003
De conformidade coa proposta do xefe do Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta Excma. Deputación Provincial convoca dúas bolsas de investigación para licenciados en Letras, consonte as seguintes:
B A S E S
1.— OBXECTO Estas bolsas teñen por obxecto realizar traballos de investigación e colaboración no Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacions da Deputación Provincial de Pontevedra e está destinada a licenciados en Letras nalgunha das especialidades relacionadas co mencionado Servicio.
2.— DOTACIÓN ECONÓMICA De acordo co previsto no orzamento provincial, esta bolsa figura cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, contía que se imputará á partida 03/454.451.481.02.
3.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia achegarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
- Documento acreditativo de estar en posesión dunha licenciatura en Letras de calquera especialidade ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
- Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
- Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, en caso de ser seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que faga uso da bolsa.
4.- COMISIÓN DE SELECCIÓN Para poder valorar os méritos presentados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:
- Presidente:
O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou deputado provincial en quen delegue.
- Vocais:
Un deputado provincial, o xefe de Servicio de Arquivo, Biblioeca e Publicacións ou funcionario técnico superior da Deputación Provincial de Pontevedra en quen delegue.
- Secretario:
O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.
Tódolos membros terán voz e voto.
A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.
5.- SELECCIÓN A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados e unha entrevista persoal.
6.- RESOLUCIÓN A comisión seleccionadora proporalle á Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que considere máis idóneos.
Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo Provincial.
7.- CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais:
- As bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou a facer uso dela no Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións, e poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do xefe do Servicio e mailo acordo da Comisión de Goberno.
- As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
- Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observa-lo horario de traballo e a disciplina do Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións co fin de non entorpecer o labor do persoal, e sen que iso implique ningunha relación de traballo laboral remunerado.
- A aceptación e uso destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ó expresado organismo.
8.- INTERPRETACIÓN DAS BASES A comisión quedará autorizada para resolvelas dúbidas que se lle presenten e toma-los acordos necesarios para o desenvolvemento desta convocatoria.
Pontevedra, 10 de outubro de 2003.
O PRESIDENTE, Asdo. Rafael Louzán Abal |
|
|