[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 4 DE OUTUBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE ESTUDIO E INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA NA ÁREA DE DIAGNÓSTICO FITOPATOLÓXICO MEDIANTE TÉCNICAS DE BIOLOXÍA MOLECULAR (PCR) PARA A FINCA AREEIRO DEPENDENTE DO SERVICIO AGRARIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL.

PUBLICADO NO BOP CON DATA 20-11-2003

De conformidade coa proposta do Xefe do Servicio Agrario e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Excma. Deputación Provincial convoca unha bolsa de investigación na área de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular (PCR) para a Finca Areeiro, consonte as seguintes

B A S E S

1.— OBXECTO
Esta bolsa ten por obxecto realizar estudios e investigación científica na área de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular (PCR), da Finca Areeiro dependiente da Excma. Deputación Provincial.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións: a) Ser español. b) Estar en posesión do título de Enxeñeiro Superior Agrónomo, de Montes o en Ciencias Biolóxicas, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

3.- DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 euros/mes por beneficiario, que se imputará á partida 03/711.711.481.01 do orzamento provincial.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia acompañarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitua.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión do título de Enxeñeiro Superior Agrónomo, de Montes o en Ciencias Biolóxicas ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instacias.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae, e documentación acreditativa do mesmo.
  4. Méritos relacionados cos traballos de investigación a realizar debidamente xustificados.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que disfrute da bolsa.

5.- COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos aportados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal, ou Deputado Provincial en quen delegue.
  • Vocais:
    Un Deputado Provincial, un representante da Finca Areeiro, un funcionario Técnico Superior pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Tódolos membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados conforme o seguinte baremo e unha entrevista persoal:

  1. Expediente académico ata tres puntos.
  2. Formación ou experiencia en materias relacionas co contido da bolsa ata un máximo de tres puntos.
  3. Cursos relacionados co contido da bolsa ata un máximo de tres puntos.
  4. Publicacións individuais, en grupo relacionados co contido da bolsa ata un máximo dun punto.

A entrevista persoal versará sobre traballos de investigación obxecto da convocatoria e será valorada de cero a tres puntos.

7.- RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporá á Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que considere mais idóneos.

Dito acordo publicarase no Taboleiro de Edictos do Pazo Provincial.

8.- CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración dun ano a contar dende a data na que o adxudicatario comezou o disfrute da mesma na Finca Areeiro e poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe do Servicio Agrario e acordo da Comisión de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observa-lo horario de traballo e disciplina da Finca Areeiro co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e disfrute destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ó expresado Organismo.
  5. A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu curriculum.

O fallo da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.- INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolve-las dúbidas que se lle presenten e toma-los acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes Bases.

Pontevedra, 15 de outubro de 2003.



O PRESIDENTE,
Asdo. Rafael Louzán Abal

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/02/2004 07:03
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/