DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN BIOLOXÍA PARA ESTUDIO, CRÍA E POSTA A PUNTO DE NEMÁTODOS ENTOMOPATÓXENOS DA FINCA AREEIRO DEPENDENTE DO SERVICIO AGRARIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL.
De conformidade coa proposta do Xefe do Servicio Agrario e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Excma. Deputación Provincial convoca unha bolsa de Licenciado en Bioloxía para estudio, cría e posta a punto de nemátodos entomopatóxenos na Finca Areeiro, consonte as seguintes
B A S E S
1.— OBXECTO Esta bolsa ten por obxecto o estudio, cría e posta a punto de nemátodos entomopatóxenos presentes nosa Comunidade coa finalidade de encontrar cepas autóctonas que poder multiplicar para iniciar un programa de loita biolóxica orientada a especies como o gorgoxo da vide e a Tipula paludosa .
2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:
- Ser español.
- Estar en posesión do título de Licenciado en Bioloxía , ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.
3.— DOTACIÓN ECONÓMICA Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 04/711.711.481.01 do orzamento provincial
4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia acompañarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
- Documento acreditativo de estar en posesión do título de Licenciado en Ciencias Biolóxicas ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instacias.
- Certificado do expediente académico, currículum vitae, e documentación acreditativa do mesmo.
- Méritos relacionados con los trabajos de investigación a realizar debidamente justificados.
- Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que disfrute da bolsa.
5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN Para poder valorar os méritos aportados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:
- Presidente: O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal, ou Deputado Provincial en quen delegue.
- Vocais: Un Deputado Provincial, un representante da Finca Areeiro, un funcionario Técnico Superior pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra.
- Secretario: O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue
Tódolos membros terán voz e voto.
A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de mais da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.
6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados conforme o seguinte baremo:
- Expediente académico ata un máximo de tres puntos.
- Outros méritos ata un máximo de tres puntos
- Por haber realizado a tesina ata un máximo de un punto
- Por haber realizado masters ou cursos relacionados coas materias obxecto da bolsa ata un máximo de un punto
- Por acreditar outros méritos non comprendidos nos apartados anteriores e relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo de un punto.
7.— RESOLUCIÓN A Comisión Seleccionadora proporá á Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que considere máis idóneo para realizar o traballo de estudio, cría e posta a punto de nematodos entomopatóxenos na Finca Areeiro
Dito acordo publicarase no Taboleiro de Edictos do Pazo Provincial.
8.— CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais:
- As bolsas terán unha duración dun ano a contar dende a data na que o adxudicatario comece o disfrute da mesma na Finca Areeiro e poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe do Servicio Agrario e acordo da Comisión de Goberno.
- As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
- Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observa-lo horario de traballo e disciplina da Finca Areeiro co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
- A aceptación e disfrute destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ó expresado Organismo.
- A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu curriculm. O fallo da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.
9.— INTERPRETACIÓN DAS BASES A Comisión quedará autorizada para resolve-las dúbidas que se lle presenten e toma-los acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes Bases.
Pontevedra, 9 de febrero de 2004.
O PRESIDENTE, Asdo. Rafael Louzán Abal |
|
|