[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cidade Infantil Príncipe Felipe » Campamento da Lanzada » Historia
Páxina Principal
Servizos
Cidade Infantil
Príncipe Felipe
Historia
Notas de identidade
Requisitos de acollemento residencial
Instalacións
Centro de Primeira Acollida
Centro infantil (maternais)
Centro Agarimo
Centro infanto-xuvenil
'Escola-Fogar'
Residencia Xuvenil
Centro de día
Escola infantil
Obxectivos e fins
Actividades
Campamento da Lanzada
Historia
Localización
Instalacións
Solicitudes
Taxas
Taxas

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7
CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE 

Centro de Vacacións
da Lanzada. Historia

A construcción do Centro de Vacacións da Lanzada efectuouse en torno a 1927 para que o médico santiagués Miguel Gil Casares puidese atender ós enfermos de tuberculose. O Padroado do Sanatorio Marítimo Príncipe de Asturias presiona ó Concello do Grove ata lograr a cesión dos terreos situados en San Vicente cunha extensión de 50 hectáreas pero, ó non poder facerse cargo da construcción do centro, solicítalle axuda á Deputación de Pontevedra, que é a que realizou obras de ampliación e mellora.

O Sanatorio Gil Casares permaneceu ata 1958, data en que a Deputación obtivo unha oferta gratuíta para internar os seus enfermos de tuberculose nos sanatorios de Oza e San Rafael. Aceptouse a oferta o 31 de xullo de 1958 e trasladáronse os enfermos ós citados sanatorios, polo que o Gil Casares quedaba extinguido. Para evitar a reclamación do Concello do Grove decrétase o traslado urxente dos nenos do Fogar provincial deica poder levantar o Colexio de xordomudos.

O 20 de xuño o padroado cédelle á Deputación os terreos, dependencias e demais dereitos. No ano 1963 o Concello do Grove vendeulle á Deputación o centro que por estas datas era o colexio de xordomudos.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/03/2004 10:14
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/