Licencias de obra. Tramitación de permisos
Calquera tipo de obra que se pretenda realizar nunha estrada provincial, edificacións, peches, beirarrúas, canalizacións, conexións rede auga ou de sumidoiros... etc, debe contar coa preceptiva autorización da Deputación Provincial.
Para ilo, o solicitante deberá presentar ante o rexistro xeral deste organismo, un impreso como o que aparece sinalado máis abaixo. E que deberá conter todo os datos que nel se requiren.
No Servizo de Vías e Obras, tramítanse unha media de 1.100 permisos de obra ó ano da seguinte forma:
- Rexistro de entrada da solicitude.
- Periodicamente relaciónanse as solicitudes que entraron, e se envían ós enxeñeiros técnicos da zona correspondentes, para o seu informe.
- Unha vez informados, poden darse dous casos:
- O informe favorable autorizando a obra, con o que se comunica Servizo de Xestión de Recursos Económicos para a súa liquidación e comunicación ó interesado.
- O informe é desfavorable, incompleto... etc, comunícase ó interesado por si existira posibilidade de liquidar o problema.
- No suposto A (informe favorable), unha vez aboado o importe das taxas correspondentes, depósito de fianza etc. ..., tramítase neste Servizo de Vías e Obras a autorización.
- Unha vez firmado polo enxeñeiro xefe da zona, enxeñeiro director de Vías e Obras e Sr. Presidente, envíase o permiso por correo certificado ó interesado.
|