Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos
de Boletín Oficial da Provincia
ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA
O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra,
no uso das facultades concedidas polos artigos
133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei
7/1985, do 2 de abril (LRBRL), o artigo 132 do
R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), e a Lei
5/2002 reguladora dos boletíns oficiais da provincia,
e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó
19 do TRLRHL, acorda a imposición e ordenación
da taxa pola prestación de servizos do Boletín Oficial
da Provincia.
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE
O feito impoñible desta taxa constitúeno:
- A actividade administrativa e técnica necesaria
para inserir no Boletín Oficial da Provincia
(BOP) toda clase de escritos, anuncios,
requirimentos e textos.
- A impresión en soporte papel ou informático
da edición electrónica do BOP.
ARTIGO 3. SUXEITO PASIVO
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de
contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as
entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei
58/2004, de 17 de decembro (LGT), que soliciten ou
resulten beneficiadas ou afectadas pola prestación
de servizos do Boletín Oficial da Provincia, sempre
que a publicación sexa motivada por estes, directa
ou indirectamente.
ARTIGO 4. RESPONSABLES
- Responderán solidariamente das obrigas tributarias
do suxeito pasivo as persoas físicas
e xurídicas referidas nos artigos 41 e 42 da
Lei xeral tributaria.
- Serán responsables subsidiarios os administradores
das sociedades e os síndicos, interventores
ou liquidadores de quebras, concursos,
sociedades e entidades en xeral, nos supostos
e co alcance que sinala o artigo 40 da
Lei xeral tributaria.
ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA
ARTIGO 6. DEVENGO
- Devéngase esta taxa e nace a obriga de contribuír
cando se presenta a solicitude dalgún dos servizos
do Boletín Oficial da Provincia.
- Esta taxa esíxese en réxime de autoliquidación
ou de liquidación previa, sendo anterior o seu pagamento
á prestación do servizo.
- Nas publicacións ordenadas por xulgados e tribunais,
a instancia de particulares, o pagamento
efectuarase cando se fagan efectivas as custas sobre
os bens de calquera das partes.
ARTIGO 7. INGRESO DA TAXA
- As cotas desta taxa liquidaranse e esixiranse,
con carácter xeral, no momento de presentarse
a solicitude de cada servizo. Este ingreso
será froito dunha liquidación que efectuará
o interesado no seu domicilio ou na sección
de Recursos económicos.
- Os interesados deberán remitir, xunto co oficio
ou escrito, un xustificante de ter efectuado
o ingreso mediante unha transferencia á
entidade de CAIXANOVA, oficina principal
de Pontevedra, na conta 2080-0401-68-
0040106618, na que faga constar “que é para
inserir no BOP”, ou ben un xustificante ou
carta de pagamento de ter efectuado o ingreso
na Tesourería provincial. Sen o ingreso
previo non se iniciará a prestación do/s servizo/
s.
No caso de estaren exentos deberán pedir
este beneficio indicando o precepto legal e os
feitos habilitantes.
- Excepcionalmente e só cando existan fundadas
razóns debidamente acreditadas se realizarán
os traballos administrativos e técnicos,
así como a inserción no BOP sen pagamento
previo.
A modo de exemplo podemos citar:
- 3.1) Os relativos ós asuntos xudiciais nos que os
interesados están declarados legalmente pobres
para litigar, ou satisfacer no seu día as
partes interesadas que resultan obrigadas a
isto, segundo a finalidade do litixio.
- 3.2) Os procedentes de abintestato tramitados de
oficio, que deberán satisfacer no seu día os
que resulten beneficiarios.
- 3.3) Os procedementos de asuntos criminais, se
houbese condena de custos e se fixesen efectivas
por parte do xulgado correspondente.
- 3.4) Nas publicacións ordenadas por xulgados e
tribunais, a instancia de particulares, o pagamento
efectuarase cando se fagan efectivas
as costas sobre bens de calquera das partes.
- 3.5) Calquera outro anuncio non incluído expresamente
entre os gratuítos ou de pagamento
previo, cando o acrediten os solicitantes da
publicación, a concreta exención de pagamento
en virtude do precepto con rango de
lei, tratado ou acordo internacional.
ARTIGO 8. NORMAS DE XESTIÓN
- Os oficios, escritos, etc. para inserir no BOP,
ó ter entrada no pazo provincial, trasladaranse
ó Negociado de Xestión de Recursos
Económicos para o seu rexistro e comprobar
se a autoliquidación é correcta ou non. No
caso de non ser correcta practicarase a liquidación
complementaria, que será notificada eingresada nos prazos previstos no artigo 62
da Lei xeral tributaria.
- As cotas que non sexan autoliquidables, por
darse os supostos previstos no apartado 3
deste artigo, liquidaraas o Negociado de Xestión
de Recursos Económicos. Unha vez liquidadas
notificaranse e ingresaranse de
conformidade co previsto no artigo 62 da Lei
xeral tributaria.
- Unha vez recibido o edicto e no caso de non
presentarse a autoliquidación a administración
do Boletín Oficial enviaralle ó suxeito
pasivo a liquidación de taxas, na que se indican
o importe e as normas para o seu ingreso.
ARTIGO 9. BENEFICIOS FISCAIS
- Nesta taxa só se admitirán as exencións e as
bonificacións que veñan recollidas nos tratados
ou acordos internacionais ou nas normas
con rango de lei.
- Estarán exentas do pagamento da taxa as
publicacións seguintes:
- Aprobación das ordenanzas municipais de
municipios de menos de 10.000 habitantes.
- Aprobación das normas urbanísticas (plans
xerais, normas subsidiarias e complementarias,
plans parciais e especiais, estudos de detalle,
programas de actuación urbanística,
proxectos de urbanización, delimitacións de
polígonos e unidades de actuación), excepto
cando o planeamento sexa promovido por
particulares.
- Afectación, desafectación e alteración de
bens de dominio público e patrimoniais.
- Nos expedientes de contratación administrativa:
aprobación de pregos de cláusulas xerais
e de proxectos técnicos e mais as adxudicacións.
- Aprobación de orzamentos, expedientes de
modificación de créditos e da conta xeral.
- Os anuncios en materia de persoal, a excepción
das convocatorias para a selección de
persoal, que si están suxeitas salvo as correspondentes
a xuíces de Paz.
- Notificacións por comparecencia que se efectúan
en virtude do artigo 112 da Lei xeral
tributaria, en procedementos de recadación
dos tributos nos supostos nos que non fose
posible a súa notificación.
- Anuncios de procedementos electorais.
- Convocatorias e bases de bolsas de estudos,
cursos e subvencións.
- Anuncios de delegación de competencias.
- Notificacións dos artigos 59.5 e 60 LRJPAC,
cando os interesados nun procedemento
sexan descoñecidos ou se trate dunha pluralidade
indeterminada de persoas.
- Convenios colectivos.
- Rectificacións de anuncios, que terán idéntico
tratamento cós anuncios que se rectifiquen,
excepto os correspondentes ás licitacións
públicas.
- Os relativos a documentos expostos.
- Os que correspondan a anuncios interesados
pola Deputación ou calquera dos seus organismos
ou entidades dependentes, sempre
que non se poida repercutir a terceiros.
- Anuncios da Administración de Xustiza en:
- Procedementos civís acollidos ó beneficio
de xustiza gratuíta.
- Procedementos penais e laborais.
- Procedementos contencioso-administrativos
non instados por particulares, avogados
ou procuradores.
- Outros anuncios: a interpretar, en cada caso,
de acordo coa normativa reguladora.
- As persoas ou as entidades que pidan a aplicación
dalgún beneficio fiscal deberán solicitalo
expresando os preceptos xurídicos e os
elementos de feito autorizantes. O prazo de
solicitude será o mesmo có de interposición
dos recursos de reposición.
ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En todo o relativo á cualificación das infraccións
tributarias, así como das sancións que a estas
lles correspondan en cada caso estarase ó disposto
na Lei xeral tributaria.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
- Primeira. Cando, por calquera motivo non imputable
á administración do boletín, non se produza
a inserción do anuncio ou calquera outro texto
no Boletín Oficial da Provincia os interesados poderán
solicitar a devolución do depósito previo nas
porcentaxes seguintes:
- Se se paraliza a tramitación antes de iniciarse
a actividade técnica previa á inserción no
Boletín . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 75%
- Se xa se iniciou a actividade técnica . . . 50%
- Se finalizou a actividade técnica e só falta a
inserción. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25%
- Segunda. Os anuncios, edictos e textos de todas
as clases que teñan que publicarse no BOP remitiránselle
ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial
de Pontevedra.
En canto á correspondencia relativa ás inscricións
e reclamacións de carácter administrativo e
tributario dirixirase á oficina de Recursos Económicos
da Deputación Provincial.Terceira. Se o anuncio remitido para a súa inserción
se publicase con algún erro que o altere ou
modifique de modo importante ou o invalide, por
causas non imputables á administración do BOP,
será por conta da persoa ou da entidade interesada.
No caso contrario a rectificación será gratuíta.
DISPOSICIÓN FINAL
O acordo de aprobación inicial de modificación
desta ordenanza adquiriu carácter definitivo o día
18 de xuño de 2010.
As modificacións desta ordenanza fiscal entrarán
en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xuño
de 2010, permanecendo vixente ata a súa modificación
ou derrogación expresas.
|