Deputación de Pontevedra
Plan agrupado de formación continua para o ano 2010 1º semestre
No Marco do IV Acordo de Formación Continua nas Administracións públicas e con cargo á subvención
do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) para o Plan Agrupado de Formación Continua do ano 2010, a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial en sesión celebrada o día 3 de marzo de 2010, acordou aprobar a Convocatoria das Accións Formativas programadas no Anexo I coa participación dos Concellos adheridos e o Instituto Nacional de Administración Pública, que se rexerá polas seguintes:
BASES
PRIMEIRA. DESTINATARIOS
Persoal da Deputación Provincial e Organismos Autónomos e dos Concellos que se adheriron ó Plan Agrupado de Formación, do que forman parte os seguintes: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas de Morrazo, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.
SEGUNDA. NORMAS XERAIS DE INSCRICIÓN
- 2.1. Poderán participar nas accións formativas que se convoquen, os destinatarios contemplados na Base Primeira, que se atopen en Servizo Activo, ou o persoal que estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, adopción internacional ou en excedencia por coidado de fillos e familiares, que poderán participar nos cursos consonte establece o artigo 57.4, e 76.4 do Decreto Lexislativo 1/2008 de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia.
- 2.2. Non se poderá participar nunha actividade formativa se ao inicio do curso se está en situación de incapacidade temporal, quedando automaticamente excluído/a da relación de aspirantes seleccionados.
Esta circunstancia deberá ser comunicada por escrito ó Servizo de RR.HH. e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir a vacante e evitar a penalización, que suporá o non ser admitido en ninguna outra actividade formativa no transcurso da actual e seguinte convocatoria, así como a non expedición do Diploma correspondente á Acción Formativa na que participou.
- 2.3. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nas mesmas datas. No caso de que se detecte con posterioridade, non se acreditará ningún dos cursos, coa salvedade dos cursos On Line e Distancia que serán compatibles co resto das modalidades.
- 2.4. A falsidade ou ocultación de datos para a xestión dos cursos, dará lugar á exclusión automática do curso ou cursos solicitados, así como a imposibilidade de participar en ningún outro curso durante a actual e seguinte convocatoria, computado desde a data na que se detecte o feito.
As persoas admitidas deberán presentar xunto co modelo de solicitude do curso unha credencial
acreditativa da súa condición de empregado público. No caso dos contratados laborais temporais un documento acreditativo donde se especifique data de inicio e fin de contrato. No caso da non presentación de tales documentos será motivo de exclusión. Toda documentación remitida que non sexa orixinal deberá ser presentada debidamente compulsada.
- 2.5. É obrigatorio, unha vez recibida a notificación de admisión ó curso por parte do interesado confirmar a asistencia (telefonicamente ó 986.804.100, Fax ó 986.804.141 ou e-mail a formacion@depo.es), no caso de que o profesional seleccionado decida non asistir, deberá comunicar a súa renuncia ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, co límite de un (1) día natural de antelación á data de inicio do curso. De non facelo así, salvo causa xustificada debidamente valorada, non será admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e seguinte convocatoria ó coñecemento desta circunstancia.
A renuncia fóra de prazo ou o abandono das actividades sen causa xustificada documentalmente, levará unha valoración negativa das solicitudes que realice durante a actual e seguinte convocatoria ó coñecemento do feito.
- 2.6. É obrigatorio, unha vez recibida a notificación de admisión ó curso por parte do interesado confirmar a asistencia (telefonicamente ó 986.804.100, Fax ó 986.804.141 ou e-mail a formacion@depo.es), no caso de que o profesional seleccionado decida non asistir, deberá comunicar a súa renuncia ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, co límite de un (1) día natural de antelación á data de inicio do curso. De non facelo así, salvo causa xustificada debidamente valorada, non será admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e seguinte convocatoria ó coñecemento desta circunstancia.
A renuncia fóra de prazo ou o abandono das actividades sen causa xustificada documentalmente, levará unha valoración negativa das solicitudes que realice durante a actual e seguinte convocatoria ó coñecemento do feito.
- 2.7. Durante a celebración da actividade formativa levarase a cabo un control permanente de asistencia mediante os sistemas que se establezan para o efecto. Os/as alumnos/as que participen no curso terán que asinar a súa asistencia a cada unha das sesión académicas, sendo obrigatorio a presentación do D.N.I. As ausencias ocasionais do curso constarán como incidencia dentro de cada sesión para os efectos do cómputo correspondente. Poderanse realizar tamén controis de asistencia extraordinarios en calquera momento do desenvolvemento do curso.
Os profesores emitirán informe indicando a avaliación dos alumnos para efectos de obtención do certificado de aproveitamento nos cursos de modalidade On Line, Distancia ou Semipresencial, declarando apto ou non apto.
TERCEIRA. SOLICITUDES
As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da Convocatoria, Anexo II cuberto en tódolos epígrafes. As solicitudes dirixidas ó Sr. Presidente da Corporación Provincial, presentaranse a través do Rexistro Xeral deste Organismo Provincial ata o día 31 de marzo de 2010.
Poderán ser excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan correctamente cubertos os datos necesarios para realizar o proceso de selección de alumnos.
CUARTA. AGRUPACIÓN POR ZONAS
Nas actividades formativas detalladas no Anexo I agrupadas por zonas, serán destinatarios preferentes
os traballadores/as dos Concellos que formen parte de cada una delas, se ben para os supostos nos que non haxa suficientes solicitudes, poderán participar os empregados/as doutros Concellos.
QUINTA. SELECCIÓN
Os participantes serán seleccionados consonte os seguintes criterios:
- Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no Anexo para cada curso.
- De existir máis solicitudes que prazas, terán preferencia na selección os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e os obxectivos do curso.
- Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais.
- Terán prioridade os empregados con maior número de tempo de servizos prestados, acreditados coa certificación correspondente.
- En caso de empate, terán preferencia aqueles alumnos que teñan menor número de cursos realizados no ano anterior.
SEXTA. MODIFICACIÓNS
A Deputación Provincial resérvase a facultade de interpretar e resolvelas incidencias que poidan xurdir
no desenvolvemento dos cursos, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.
SÉTIMA. CERTIFICADO DE ASISTENCIA
Outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos, sempre e cando a súa inasistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 10% das horas lectivas programadas, salvo nos cursos de modalidade On line, Distancia ou Semipresencial cuxa asistencia deberá ser o 100% das horas das clases presenciais programadas e respostar ós cuestionarios de avaliación correspondentes.
A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado.
Non se expedirán certificados nin xustificantes de asistencia sen ter superado o curso.
OITAVA. OUTROS CURSOS
Os cursos programados para o ano 2010, en colaboración có INAP, rexeranse pola súa normativa específica.
Os cursos para a formación dos membros dos corpos da Policía Local e Bombeiros dos concellos da provincia que estean adheridos o Plan de Formación Continua da Deputación Provincial de Pontevedra rexeranse polo convenio de colaboración entre a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e o Ente Provincial para o ano 2010.
Pontevedra, 3 de marzo de 2010
PRESIDENTE Rafael Louzán Abal |
EL SECRETARIO Carlos Cuadrado Romay |
|