deputación de pontevedra
Convocatoria para a contratación laboral temporal de dous delineantes con destino ó Proxecto CIDIR-EIEL
anuncio
A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte RESOLUCIÓN:
A proposta da xefe de servizo de Cooperación en función, por razóns de urxencia e necesidade, de conformidade co establecido no artigo 34. g) da Lei 7/85, do dous de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, RESOLVO aprobar a presente convocatoria para a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado de dous delineantes con destino ó Proxecto CIDIR-EIL de creación dun centro de información dixital de infraestruturas e recursos, que se rexerá polas seguintes BASES:
PRIMEIRA.- OBXECTO: Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado de dous delineantes para o “Proxecto CIDIREIL, de creación dun centro de información dixital de infraestruturas e recursos, con fin de actualizalo sistema de información xeográfico da enquisa de infraestruturas e equipamentos locais, de acordo co modelo, procedementos e prazos fixados polo MAP.
Dita contratación formalizarase, por razóns de urxencia e necesidade, ó amparo do establecido no art. 35 do Real decreto 364/95, do 10 de marzo, art.103 da Lei 7/85, do 2 de abril, articulo 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, Lei 7/2007, de 12 de abril, pola que se aproba o estatuto básico de empregado público, art. 15 do estatuto dos traballadores, I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma.Deputación Provincial e demais normas de concordante e pertinente aplicación.
SEGUNDA.- SISTEMA DE SELECCIÓN: A selección levarase a cabo mediante a realización dunha proba tipo test e unha entrevista persoal.
TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES
- Con carácter xeral, para seren admitidos neste proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non excederen, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Posuír ou en estar en condicións de obter o titulo de delineante FP-II ou equivalente o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto a que aspira.
- Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ó acceso o emprego público.
- Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Caixanova nº 2080 0401 68 0040106618 a cantidade fixada como dereitos de exame.
- Todos os requisitos sinalados no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservaranos, polo menos, ata a data da formalización do preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado.
CUARTA.- CONDICIÓNS DO POSTO DE TRABALLO OFERTADO
- Duración do contrato: Tres meses, do 16 de abril ó 15 de xullo de 2009
- Período de proba: Un mes
- Retribucións: 1.791,01 €/mes, incluida a parte proporcional das pagas extraordinarias.
QUINTA.- SOLICITUDES
- As persoas que desexen tomar parte nas proba selectiva convocada deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación do posto de traballo ó que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade.
Para seren admitido neste proceso selectivo os aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que expire o prazo de presentación. No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo I desta convocatoria.
- O prazo para presentar as solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
- A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra ou no rexistro auxiliar da sede de Vigo, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
Neste caso o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data do envío dende a Oficina de Correos e anunciar nese día ó Servizo de Recursos Humanos, por fax ó 986804141, télex ou telegrama, a remisión da solicitude. Sin cumprir tales requisitos non será admitida a solicitudede participación no caso de que se recibira no rexistro xeral fora do prazo fixado na convocatoria. No obstante, transcurridos 5 días dende a terminación do prazo de presentación non será admitida ningunha solicitude ou documentación enviada por correo.
- Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de parte.
SEXTA.- DEREITOS DE EXAME
Será requisito necesario para participar nas probas selectivas aboar dentro do prazo de presentación de instancias, a cantidade de 5,00 ? en concepto de dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á Deputación Provincial, conta de Caixanova nº 2080 0401 68 0040106618; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial, o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo.
En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude.
Están exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá acreditar documentalmente mediante orixinal ou fotocopia compulsada.
Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de aspirantes admitidos para poderen participar neste proceso selectivo.
SÉTIMA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES
- Finalizado o prazo cinco días naturais para presentar as solicitudes, o Presidente da Deputación ditará resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial o día 3 de abril de 2008.
- Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión, rematando o prazo o día 7 de abril. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no taboleiro de anuncios.
- Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosoadministrativa.
- O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados posuír os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.
OITAVA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR
- O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:
- PRESIDENTE:
- Titular: Dona Marina Piñeiro Novo, Técnico de xestión en funcions de xefe de Servizo de Cooperación da Deputación Provincial.
- Suplente: Dona Begoña Estévez Bernárdez, adxunta ó xefe de Servizo de Recursos Humanos e Formación.
- SECRETARIO Titular Dona Mª Jesús Torres Peón, xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial. Suplente: D. Gabriel Rodríguez Alonso, xefe de sección do Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial.
- VOGAL 1
- Titular: D. Roberto Martínez Padín, Delineante adscrito ó Servizo de Arquitectura e Urbanismo.
- Suplente: D. Manuel Ángel González Juanatey, enxeñeiro técnico adscrito ó servizo de Vías e Obras.
- VOGAL 2
- Titular: Dona María Blanco Blanco, delineante adscrita ó Servizo de Vías e Obras.
- Suplente: D. Fernando Portela Tilve, xefe de sección Proxectos e Urbanismo adscrito o Servizo de Arquitectura e Urbanismo.
- VOGAL 3
- Titular: D. José María Vázquez Borge, delineante adscrito ó Servizo de Vías e Obras.
- Suplente: D. Juan de la Vega Castiñeiras, administrativo adscrito á Museo Provincial.
- Os membros do tribunal e os asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida no Real decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnización por razón do servizo.
NOVENA.- PROBA_SELECTIVA
- A selección levarase a cabo mediante a realización dun test de 30 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal sobre o seguinte programa:
- TEMA 1.- Cartografía e Xeodesia. Xeoide e elipsoide de referencia. Modelos de xeoide. Sistemas de coordenadas e datum. Vértices e redes xeodésicas.
- TEMA 2.- Programas CAD e SIG. Programas mais utilizados en CAD, topografía e cartografía. Capas e ficheiros vectoriales. Programas SIG mais utilizados. Tipos de ficheiros utilizados nos SIG.
- TEMA 3.- Informática e Sistemas Operativos. Sistemas operativos mais comuns. Programas de bases de datos mais usuais. Internet e comunicacións.
- TEMA 4.- Medición topográfica. Principais instrumentos de medición e toma de datos. Tratamento en oficina técnica.
- TEMA 5.- A Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais EIEL. Entidades participantes. Formato de datos utilizados. Desemvolvemento da Enquisa: cartografía e datos alfanuméricos. Tipos de infraestruturas e servizos.
- Esta proba, de carácter obrigatorio e eliminatorio, será cualificada de 0 a 10 puntos, necesitándose para aprobar obter unha puntuación mínima de 5 puntos.
- Finalizada a proba farase pública no taboleiro de anuncios da Deputación a relación de aspirantes que a superasen, indicando a puntuación obtida. Os non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
- A través de dito anuncio convocaranse ós aspirantes aprobados para realizaren unha entrevista persoal sobre aspectos relacionados co desempeño do posto obxecto desta contratación, a fin de determinar a súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular. A entrevista será valorada de 0 a 5 puntos.
- Sumadas as puntuacións totais da proba tipo test e da entrevista, o tribunal formulará apresidencia a correspondente proposta de contratación.
DÉCIMA.- LUGAR E DATA DA SELECCIÓN
- A proba tipo test terá lugar no Pazo Provincial o día 13 de abril as 9,30 horas.
- Os aspirantes convocaranse nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.
- Para realizaren estas probas, os aspirantes deberán presentarse provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal.
- Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada ante o presidente que os nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/99.
DÉCIMO PRIMEIRA.- CONTRATACIÓN
Contratación Concluído o proceso selectivo o presidente da Deputación Provincial formalizará o preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado co aspirante proposto polo tribunal cualificador ó amparo do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, do 18 de decembro.
DÉCIMO SEGUNDA.- RECOÑECEMENTO MÉDICO
O aspirante proposto someteráse obrigatoriamente a recoñecemento médico ó inicio da súa relación laboral, a fin de poder comprobar que o traballador reúne as condicions físicas axeitadas para o desempeño do posto de traballo ofertado, e no suposto de que dito recoñecemento médico declarase a este traballador non apto, este cesará automaticamente no posto para o que foi contratado.
DÉCIMO TERCEIRA.- CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
Estas bases vinculan á Deputación Provincial, ó tribunal cualificador e ós aspirantes que participen neste proceso selectivo.
DÉCIMO CUARTA.- INCIDENCIAS
O tribunal queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.
Pontevedra, 23 de marzo de 2009
O PRESIDENTE EN FUNCIÓNS
|
O SECRETARIO
|
|