[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Barro » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Barro
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
BARRO 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariouse un total de 2.323 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1839 ata 2016.

A maior parte dos fondos datan do século XX con notorias perdas documentais, especialmente significativas no referido ós libros de actas do Pleno onde non se conservan testemuños dende 1840 ata 1866 e de 1885 a 1888; tampouco existen hoxe os libros de actas correspondentes á Xunta Municipal de Asociados.

Aquela documentación referida ó control e xestión presupostaria e ós impostos da contribución territorial rústica e urbana é a máis abundante e a máis antiga, só complementada no que se refire ó século dezanove con algúns documentos de educación, obras municipais ou patrimonio.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha ampla gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, en soporte papel (fichas) e informático nunha base de datos formada por 20.006 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/09/2016 13:02
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/