A documentación
Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 2.363 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1846 ata 2013 a pesar deste dato a práctica totalidade da documentación non vai máis alá de 1946 por mor da destrucción documental sufrido polo incendio da casa do concello e do xulgado de paz.
Estas perdas documentais especialmente de fondos documentais do século pasado son moi significativas especialmente as dos libros de actas do Pleno. A maior parte dos fondos pertencen á sección de Facenda (4) e de Servizos (3).
Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello como no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) como informático nunha base de datos formada por 18.176 rexistros diferentes.
|