[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cangas » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cangas
Ficha técnica
Introducción
Fondo. Norma ISAD(G)
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
CANGAS 

Introducción

O concello de Cangas está situado na costa pontevedresa, na península do Morrazo, limitando cos concellos de Bueu e Moaña e co Océano Atlántico.

No antigo réxime o territorio que hoxe forma o concello de Cangas dependía dunha xurisdición do mesmo nome, con señorío do Arcebispado de Santiago e, no caso de Aldán, tamén da Marquesa de Vilar.

No proceso de formación dos primeiros concellos constitucionais, nos primeiros anos do século XIX chegaron a constituírse os de Hío, Coiro e Cangas.

Co gallo da división municipal emanada do R.D. de 23 de xullo de 1835, dentro do Partido Xudicial de Pontevedra, logo de varias propostas e modificación relativas ó número de parroquias que o debía formar, créase o actual concello de Cangas no ano 1836, formado por tres parroquias: “Vila de Cangas, Coiro e Darvo”, cun total de 1.138 veciños e 4.550 almas.

Xa dende o primeiro momento houbo intentos por parte das parroquias de Hio e Aldán de segregarse do concello de Bueu, no que foran incluídas e integrarse no de Cangas. Houbo sucesivas peticións, especialmente en 1837 e 1844, pero non será ata 1873, na sesión de 28 de febreiro cando se acordo dita modificación.

Por outra parte houbo intentos que non frutificaron de parte dos veciños de Coiro para segregarse e formar un concello propio.

De todo elo xurdiu o actual concello de Cangas, formado por cinco parroquias: Aldán, Cangas (Santiago e San Salvador), Coiro, Darbo e O Hío, dispersas nos cáseque 40 quilómetros cadrados con 54 entidades de poboación.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2009 13:37
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/