[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 10 DE DECEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Covelo » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Covelo
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
COVELO 

Introducción

O concello de Covelo sitúase na comarca do Paradanta, no límite coa provincia de Ourense e integrado hoxe no partido xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 124 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en ll6 entidades de poboación e catorce parroquias: Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Santiago de Covelo, Santa María de Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado e Prado da Canda.

Historicamente formou parte da provincia de Tui, integrado por diferentes xurisdiccións: a de Covelo, dependente do conde de Amarante; a das Achas, coas parroquias de Barcia de Mera, Campo e Fofe dependente do conde de Salvaterra, e a de Sobroso que afectaba á parroquia de Casteláns.

Constitucionalmente créase o concello en 1836 con trece parroquias, ás que se engadiría de seguido a de Prado de Canda, adscrita inicialmente ó concello da Cañiza, dentro da proposta establecida para o daquela existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo.

A organización da documentación conservada no arquivo do concello de Covelo é asumida polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental no ano 1992, establecendo como obxectivos prioritarios mellorar o local do arquivo e dotar de instrumentos descritivos un fondo escaso pero practicamente organizado.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/04/2008 13:54
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/